domingo, 8 de septiembre de 2013

Como recordo... o nacemento de David.

Na derradeira visita o medico plantexaronnos a data para a cesarea. Duas opcions, mercores dia 13 ou venres dia 15 de xuño. O 13 foi descartado de inmediato, co cal a opcion era o dia 15, data do meu cumpleaños, co cal dia perfecto. Os dias discurriron con calma ata a vispera do ingreso na que os nervios empezaronnos a afectar a todos e produciuse unha gran tension entre Isabel e meu fillo, consciente este do cambio que supondría o nacemento de David, nos equilibrios da familia. Como fixemos na vispera do nacemento de Sergio, ceamos arroz con bogabante, traido de O´Xe en Chapela. O Xoves a primeira hora ingresou Isabel. Crin que todo ia ser mais inmediato pero seguiuse o ritual habitual, poñer cintos, consulta e ingreso en planta. Cando sain do hospital pasaba o medio dia. Compartiu habitacion cunha rapaza de Salceda que logo dun parto longo sería nai dunha nena. O longo de dia comentaronos que a cesarea sería a primeira hora do venres. Deste xeito o dia da boa nova, antes das 8 horas xa estaba no hospital. Ata as 9:30 no pasou a zoa de preparacion. Ali apareceu o primeiro atranco. A Isabel incharenlle os dedos e non podia sacar o anel de matrimonio. Pronto as enfermeiras de boa gana puxeron todo o empoño en sacalo e non ter que cortalo. Non foi posible, o final decidiron cortalo. Foron buscar o aparello que necesitaban, pero este do pouco uso no serraba. Despois de un bo tento serrando e louvando a calidade do ouro, conseguiron serrar unha parte, pero a estructura era demasiado dura para abrir con facilidade co que tiveron que facer outro corte. Paula, creo que se chamaba a enfermeira mais xove, fixo un novo corte o lado do outro co cal esnaquizou o anel e non cumpliu de todo o seu cometido. Cando xa parecia todo en marcha tivemos que esperar un bo treito ata que a baixaron. O ambiente era de cordialidade o cal trasmitia moita calma. Houbo un momento para o plantexamento dunha iniciativa que o final quedou en nada. Pretendese que os nenos nada mais nacer sean acollidos polos seus país en brazos para evitar o desacougo das primeiras horas sen a compaña da nai.Todo quedou en nada polas tipicas loitas entre departamentos.No momento de baixar deronme un tempo de espera, tremendo error, porque deste xeito, minuto que se retrasa, minuto de inquedanza. O redor das 12.10 subiron a David, blanquiño, arrugadiño, sensacion de diminuto ainda que pesou 3.360 gramos. Subironno a zoa de atencion mentras sua nai non se recuperaba... por certo, durante toda a maña Berto estivo moi atento a todo. Gracias Berto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario