domingo, 11 de octubre de 2009

Como recordo... "Eu sobrevivín a Laboral"

Tan lexos e tan cerca. Todos enfocados hacia unha mesma idea desexada, permite que case 50 persoas se poidan chegar a reunir despois de 20 anos, cando apenas mantiñan relación máis de 3 entre si.
Así foi. Despois de 20 anos reunímonos no Restaurante Marcos, cerca de 50 persoas, compañeiros de Instituto para recordar maravillosos momentos, brindar por superar unha etapa enriquecedora pero chea de tentacións. Estou seguro que esta foi a primeira e detrás virán outras onde aumentará o número de asistentes.
Todo discurriu entre abrazos, sorrisos, moi bo ambente, algún grito de guerra, "¡¡Folga!!, "¡¡No nos mires, unete!!", "¡¡De azul ou de marrón, un cabrón é un cabrón...!!"...
Porque o final, vivimos unha etapa de liberdade, de dereitos, de defensa da nosa liberdade, do noso espacio... que penso eu, fomentou en nos, un sentido da responsabilidade, porque exercela liberdade de facer o que crees en cada momento conleva moitas obrigas irrenunciables.
Porque, folga si!!!, pero solidaridade, compañerismo e sen perderlle nunca o pulso a vida e responsabilizándote do teu futuro.
"EU, SOBREVIVÍN A LABORAL".

No hay comentarios:

Publicar un comentario