sábado, 29 de agosto de 2009

Como recordo... o concerto de Leonard Cohen en Vigo.

Acudín con desconfianza, pois as últimas experiencias musicais en Castrelos resultaronme decepcionantes pola calidade do son.
Castrelos é incomparable para estes acontecementos, sobre todo en días de temperatura agradable e noites limpas para comtempla os Campos de Estrelas.
Recordo que o concerto iniciouse de forma puntual. Dende o inicio o clima foi especial. A pesar do amplio abanico de idades e tribus entre o público, estaban alí os que querían estar e os que sabían o que se ían atopar. Xa teño dito que cando isto sucede todo evoluciona para mellor.
Sorprendentemente o son era excelente. A voz do bello Leonard soaba en todo o seu esplendor, o fenomenal acompañamento de voces e músicos que levaba percibíase con todos os seus matices.
O concerto foi especialmente fermoso. Cheo de intimismo e cunha entrega total dos músicos e un público moi respetuoso co espectáculo, que se deixou levar polo compás marcado por Leonard.
Chamoume a atención a calidade dos músicos que rodean sempre os grandes artistas, capaces eles solos de deleitar ó público máis esixente.
Leonard Cohen entregouse durante 3 horas como un rapaz de 30 anos, cheo de enerxía e cunha tranquila vitalidade... como a el lle gustaba dicir nesta xira... "mis amigos, quizás esta sexa a última vez que nos vexamos".

No hay comentarios:

Publicar un comentario