viernes, 26 de junio de 2009

Como recordo... a viaxe a Paris.

Dia 1.
Saimos con certo retraso pero íamos con tempo suficiente para coller o vo en Oporto.
Fomos ata Viana do Castelo polo Autopista e da aí desviamonos hacia a A28 para ir pola autovía e aforrar peaxes.
Chegamos a Oporto en 1:30 aprox. Deixamos o coche no aparcamento exterior. O aeroporto de Oporto é un edificio moderno e funcional.
Subimos hacia a zona de saidas. Deunos tempo a tomar algo na cafetería, cara como todas.
Os puntos de control pasámolos coa soa incidencia do xustificante que levaba meu irmán para as mediciñas, ó cal lle deron varias voltas por dicir algo. Non nos pesaron as maletas nin comprobaron o tamaño.
O avión chegou con retraso, co cal o noso vo tamén se retrasou. Con Ryanair, baixan uns e suben outros de inmediato como se fose un autobús.
O vo foi tranquilo, so cunhas pequenas turbulencias o cruzar o Atlántico. Tivemos ocasión de sobrevoar a Ria de Vigo e maravillarnos coa estampa das Illas Cies e as de Ons.
Chegamos a Beauveais cun día que amenazaba choiva. Este aeroporto semella de xoguete e completamente desorganizado. Nos tempos que corren é unha falta de respeto que nalgúns sitios poñan tantas trabas de seguridade e que outros parezcan "unha feira". Sendo un aeroporto diminuto ten un tráfico importante.
Compramos algo na cafetería e levamos o primeiro o primeiro susto. Un perrito 5 euros, un café 2,90 euros...
Marchamos a recoller o coche que tiñamos reservado. Un Peugeot 207 SW, a estrenar, con teito de cristal.
Ó final alquilamolo GPS por 45 euros.
A primerira impresión de Francia foi satisfactoria. Moi verde, moi agrícola e moi organizada.
Diriximonos o Hotel por unhas boas estradas atopando algunha retención. Chamaume a atención os muros de vetexación nos laterais das carreteras como pantallas acústicas e tamén a perfecta disposición dos tendidos eléctricos interferindo o mínimo na paisaxe.
No GPS marcamos unha dirección errónea, pois non sabíamos cal era o concello-cidade do hotel, e erroneamente levounos a unha zona de París con igual nome. Era un parque precioso. Perdidos non tivemos mais remedio que preguntar. Deuse a casualidade que lle preguntei aun taxista que se dirixia a zona do hotel. Moi amable permitiunos que o seguisemos. É curioso o factor sorte, pois estabamos a unha distancia duns 20 km do hotel.
Chegamos o hotel a media tarde. Por fora tiña moi bo aspecto. A recepción foi bastante fria, non moi amable. As habitacións eran comodas, funcionais pero algo pequenas. Un lugar perfecto para descansar.
En principio pensara en utilizar pouco o coche e movernos no RER ou no Metro, así que acudimos a estación máis próxima do RER. O precio deste era de 3,6 por persoa, para entrar en París. Non compesaba.
Por certo o hotel estaba camiño do aeroporto Charles de Gaulle, no centro de exposicións, na zoa de Roissy in France.
Esa tarde marchamos a París. Salvo algunha retención a entrada, circulabase moi ben. Pasamos por diante do Estadio de Saint Denis. Como tiñamos fame, entramos nun DIA a comprar. Os precios eran parecidos a España. Si me chamou a atención o pestilente cheiro da zona de queixos e a boa calidade da fruta en relación co precio. Por certo, para pagar o cliente pasaba directamente a súa tarxeta e non firmabas nada.
Comemos algo o lado do coche e continuamos para aparcar a 20 metros da Madelaine.
Iniciamos unha camiñata facendonos foto en cada esquina. Seguimos ata a Plaza da Concordia para tomar contacto coa maxestuosidade de París. Cruzamos o Sena, fascinados pola cantidade de barcos que navegaban, nos cales se celebraban todo tipo de eventos. Bodas, banquetes varios, música...
Camiñamos pola orilla co obxetivo de chegar ata a Torre Eiffel, que de lonxe non impresiona tanto como de cerca.
París é unha cidade preciosa, non me cansarei de repetir, chea de espacios únicos, concebidada para o disfrute, cun ritmo cadencioso, marcado por un Sena silencioso que o enche todo de Romanticismo... cando digo todo, é todo. Paseos perfectos, pontes perfectas, arbores perfectamente aliñados, fachadas limpas, cafes con terrazas orientadas hacia a rúa para contemplala vida...
Como dicía camiñamo ata chegar debaixo da Torre Eiffel. O entorno desta está moi coidado e a súa cor tirando a dourado dalle un aurea especial.
Decidimos poñernos a cola para subir. Agardamos bastante tempo, pois aínda que xa anoitecía eramos moitos is que desexabamos subir. Chegado o momento subimos ata o segundo andar polas escaleiras. A subida é levadeira non experimentas ningunha sensación de vértigo.
Xa arriba, en ascensor chegamos ata o punto máis alto accesible. Os ascensores son da marca Otis. O ascensorista para non aburrirse aprovita os cortos viaxes para ir lendo un libro. Cando chegamos o máis alto recordo que a primeira reacción de meu fillo foi dicir: "Isto é como ir en avión". Xa anoitecera. París, plano como un plato, estaba todo iluminado cunha luz suave que non producía demasiada contaminación lumínica. O ceo limpo permitía disfrutar de toda a súa magnitude.
Neste último andar había duas cousas que me chamaron a atención. Había fotos da parte hacia onde estabas mirando cos monumentos máis emblemáticos sinalados para que poideras orientarte e tamén na parte superior figuraban o nome das cidades coa bandeira do pais e a distancia kilometrica a que nos atobamos. Curioso orientarte ata Madrid, Moscu,... un xeito de recordarlle o viaxeiro a súa casa.
Desendemos con calma facendo as últimas fotos. A esa hora os xardín que rodean a Torre estaban cheos de grupos de xóvenes tirados no cespede falando, rindo...
Nos regresamos hacio o coche. Cruzamos o Sena e pasamos por unha rúa chea de tendas de alta costura, de decoración exquisita. Xa nos Campos Eliseos a algarabía na noite do sabado era tremenda, coche por todos lados pitando... ambente de festa.
Levados pola emoción non foramos conscientes do moito que camiñaramos, co cal cando chegamos o coche estabamos agotados. De aí o hotel.
Día 2.
Costouno madrugar. Fomos hacia o centro e aparcamos a 100 m da Torre Eiffel. Achegamos a oficina do Bike Fire Tours para facer a ruta en bici por París. Foi un percorrido agradable. O único pero foi que o guía que nos levaba non falaba español, co cal nos perdemos a súa explicación. Unha pena pois polo sua linguaxe xestual e pola reacción dos compañeiros do grupo o contido de súa locución debeu ser moi interesante.
O percorrido durou unhas 4 horas, e vimos os principais iconos da cidade. É unha sensación maravillosa pasear por unha cidade creada para disfrutar, con espacios amplios e maravilloso para disfrutar do ocio. Que gran idea encher os parques de sillas, permitindo organizar tertulias de diversos tamaños.
Comemos nun restaurante libio. A comida "nin fu nin fa", mistura de comida oriental e fast food. Pola tarde marchamos hacia Montparnasse, tomando como referencia Notredame. A zona estaba invadida de xente, pois celebrábase o Día da Música.
Notredame é a reina no medio dun entorno precioso.
Alí cerca chamounos a atención un grupo de xente facendo fotos. Achegamonos e todos tiñan na man trozos de bizcocho o cal viñan a comer uns diminutos paxaros. Avispado eu, saquei un trozo de pan de molde da mochila. O éxito foi nulo. Un señor amablablemente retiroume o pan e deume un trozo de bizcocho. Fartamonos de facer fotos. O final dinlle propina o señor.
Paris estaba abarrotado. En cada esquina tocaba un grupo musical facendo todo tipo de estilos. Grupos e interpretes de todas as idades.
Aproveitamos para recorrer rúas preciosas, visitar monumentos, pasear polas ribeiras do Sena, coñecer xardíns inmensos e disfrutar da tranquilidade dun bullicio sempre dentro das canles do respeto.
Os únicos alborotos chamativos protagonizaronos xovenes en coches pitando ondeando unha bandeira que no momento non recoñecín pero que comprobei que era de Arxelia. Tamén o día da festa, 3 tipos paseabanse cunha guitarras eléctricas e uns potentes altavoces as costas facendo un ruido atronador e interrumpindo as actuacións, semellaba unha protesta.
Cenamos nun restaurante que pretendía ser griego, pero quedaba en mero intento. Retiramonos as 2 da madrugada cheos de emocións.
Día 3.
Levantamonos cedo para chegar a Eurodisney para a apertura. Así foi.
Tomamos uns cafés no Starbucks da Village.
Eurodisney ten uns escenarios espectaculares pero non deixa de ser un Parque de Ocio como outros, imposible de disfruar nun so día, cheo de longas colas e múltiples formas de sacarche os cartos.
Por certo, apenas hai espectaculos, e as mascotas non son excesivamente amables, quizás se vota en falta que vaian acompañadas por un axudante que organice a xente para o tema das fotos.
Fomos en bastantes atraccións, sobre todo nas principais.
Como digo os escenarios espectaculares e cheos de fantasía.
De regreso paramos en Paris para cheirar Montmartre, co Moulin Rouge. Un ambente totalmente diferente... non quería marchar de París sen catar os espacios de Rayuela... coas súas ruas cheas de vicios de todo tipo... nun visto e non visto continuamos camiño...
Intentei repostar, pero a esa hora so estaba permitido con tarxeta e coa axeitada a cada gasolinera.
Día 4.
Madrugamos para chegar sin incidentes o Aeroporto. En Francia amanece antes. A viaxe de regreso foi perfecta cun día esplendido. Chegamos a Oporto con tempo para pasar polo Ikea e comer en Vila do Conde.
De regreso quedei durmido. Cando despertei estabamos en Lobios a 150 km da casa e a punto de quedar sin combustible. Quen o diría, viaxe Oporto-Vigo, con autovía directa e aparecer en Lobios, no cu do mundo, practicamente sin combustible.
Por sorte puidemos reconducir a desfeita e chegar a casa antes da noite.

En xeral a viaxe foi perfecta, sin incidentes e aproveitando o tempo a tope.
O sinsabor que me queda e non ter atados os lugares para comer e non xestionar mellor a organizacion para non caer en gastos absurdos, que o final son os que merman as posibilidades de facer máis viaxes.
Ocurre tamén que cando marcas un plan moi estricto os compañeiros de sintense incomodos e xera conflicto.
Non sei se é o plan ou o xeito de trasmitilo ou quiza o non involucralos neste, pero e algo sobre o que reflexionar e mellorar para evitar conflictos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario