miércoles, 17 de junio de 2009

Como recordo... a obsesión por ler periódicos.

Nalgún libro, creo que na autobiografía de Alfonso Guerra, el dicía que a "información era unha gran fonte de poder".
O mellor por iso a miña obsesión por ler periódicos. Pensaba que domiñar a actualidade dábame capacidade para desenvolverme con maís éxito na vida cotián.
Recordo que houbo unha época que compraba 2 periódicos o día. Como non me daba tempo a leelos iaos acumulando en caixas. Cando atopaba tempo íaos lendo con retraso.
Era curioso, a min ler un periódico ocupabame moito tempo, pois repasaba folla por folla, e sobre todo facinabanme os artigos firmados.
Isto supoñía adicar moitas horas, co cal lía noticias cando xa deixaran de ser noticia.
Recordo ler a Juan José Millás, Paco Umbral, Eduardo Galeano, Gabriel Albiac, Carlos Carnicero... moitos, moitísimos nomes dos cales chegou un momento que domiñaba a súa temática e...
Despois desta etapa apaixonada non perdín o costume de ler a prensa todolos días, o cal a primeira hora convertíase nun dos momentos maís gratificantes.
A consolidación de internet foi mudando ese hábito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario