miércoles, 3 de junio de 2009

Como recordo... vender mexilóns.

Nunha das miñas escapadas a Illa de Arousa coincidín coa Festa do Mexilón.

No seu porto puiden ver in situ como os descargaban e os vendían a un precio de risa comparado a como se cotizaban nos mercados.

Ocurriuseme entón traelos para vender en datas próximas o Nadal.

Na miña inocencia o sistema a empregar era como vender os croissants para a excursión de Fin de Curso, e dicir, ir polas casas e anotar cantos kilos lle interesaba a cada veciño. A colaboración foi moi boa, diría que excelente pois case todo o mundo me compraba e a verdade e que analizando dende a miña experiencia actual, non deixa de sorprenderme, pois confiaban nun rapaz que lles traía un producto moi sensible as toxinas, coa única garantía da súa palabra.

Recordo que os mexilóns comprabaos nunha cetárea que había en Vilaxoan.

Negocio, negocio non era. Pois os cartos que o final me quedaban daban para cubrir gastos, pero sempre tiñas a ilusión de estar iniciando o negocio da túa vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario