martes, 2 de junio de 2009

Como recordo... o Barcelona 2009.

Recordo o éxito do Barcelona no 2009 como a culminación dunha traxectoria iniciada moitos anos atrás.
A chegada de Cruyff a Barcelona como entrenador supuxo unha convulsión no fútbol español.
Foi recibido con ataques directos por outros colegas, xa que a súa condición de extranxeiro unia o feito de non contar con título para entrenar en España. Salvouno o feito de ter un ego a proba de bombas, pois logrou impoñer o seu estilo na desestructurada entidade catalana. Estilo baseado no trato exquisito do balón, na polivalencia de tódolos xogadores, na asociación, na permuta, no espíritu de futbol colectivo...
Despois de uns anos de exitos, xa con Cruyff na sombra, veu unha etapa de sombras, quizás por falta de talento, pero sen abandonar as raices.
Coa chegada de Rijkaard a institución deu un paso máis. Eu definiriao como o toque "Unicef", a cultura do talento, da búsqueda da excelencia sen afán de Gloria, deixando a conquista de títulos como un obxectivo secundario e creand un modelo de xestion do talento baseado no "deixar facer" que tivo momentos excelentes. Ata que Ronaldinho perdeu o sorriso.
Tiña pois o Barcelona, talento, estructura, Unicef... so faltaba un lider visionario capaz de guiar tanta enerxia positiva hacia un fin común.
E de repente chegou Pep, e todos os que tiñan que crer, creron, e chegaron os resultados...
Beleza, comunión cooperación... titulos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario