miércoles, 10 de junio de 2009

Como recordo... o día da matanza.

O día da matanza era un día de traballo e festa.
Coa proximidade do inverno e os primeiros días de frio era habitual, sobre todo na fin de semana, que todo o barrio dende ben cedo se enchera de berridos de porcos que estaban sendo sacrificados.
Cada casa tiña o seu matador. Na da miña avoa case sempre era o Quilino ou Servando.
O matador viña co seu coitelo, perfectamente gardado entre periódicos.
Os veciños organizabanse para axudarse uns os outros, sobre todo para agarrar os porcos.
A este poñianlle un gancho no fuciño e arrastrabano entre varios para bota-lo enriba do banco. Non era un traballo doado, pois os equipos non estaban nin coordinados nin igualados en forza.
O momento critico era aguanta-lo animal enriba do banco ladeado, e cravarlle o coitelo resistindo as embestidas das patas. Nin que decir ten que eran moitas as persoas mancadas eses dias e moitos tamen os porcos que se levantaban e botaban a correr.
O ritual di que do porco aproveitase todo, de aí que cun caldeiro recolleran o sangue para as morcillas.
Co porco morto e desangrado, botabase no chan enriba dunha base de fento. Prendiase lume para queimarlle o pelo e a pel mais curtida. Cunhas pallas de herba seca, coidabase de chamuscalo ben.
O seguinte paso era botalo enriva do banco para limpiarlle o chamusco con auga e frotando cuns cepillos ou coas tapas das tarteiras.
Xa ben limpo abriase. Este momento para min era asqueroso, non tanto polo espectaculo senon polo cheiro horrible que desprendían as entrañas.
Con cuidao o matador vaciabao aproveitando as visceras e as tripas delgadas.
Estas, inmediatamente eran limpiadas cun bimbio polas mulleres, con moito coidado de non rompelas.
Xa vaciado e limpo, levabase para colgalo nun sitio fresco, normalmente a bodega.
Cando remataba este traballo, xa caeran un par de botellas de viño blanco e un taquiño de carne do cocido que se estaba a facer.
O día de matanza acababa na casa dagún veciño, comendo o figado de porco frito encebolado, os collóns...
A esa hora o que mais e o que menos, xa estaba contento de mais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario