martes, 9 de junio de 2009

Como recordo... as tormentas de neno.

Recordo chover tardes enteiras sen parar. Entre lostregos e ventos rabiosos.
Esta situación poñia nerviosos tanto os nenos como os maiores, pois era habitual quedar sen luz moitas horas e o máis temido, que as tellas marcharan polo aire co perigo que supoñia isto, tanto para a xente coma para os fogares que quedaban a merce da choiva.
Recordo que era dia de xuntarse o redor da cociña de ferro cunha certa inquedanza.
O "Hortensia" non sei se polo nome quedou grabado na miña memoria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario