lunes, 29 de junio de 2009

Como recordo... a experiencia de buscar traballo.

O primeiro que fas e refacer o teu Curriculum Vitae e crear unha Carta de Presentación.
Optei por poñerme en contacto con consultoras que buscasen perfiles como o meu. Algunhas responderonme e outras non.
Do mesmo xeito engades a "Favoritos" unha serie de portais de Busqueda de emprego e vas facendo un seguimento das ofertas. Pronto dinme conta da época na que estabamos. As ofertas eran escasas e ademais repetianse de feito sistemático o cal che daba que pensar, que ou ben non existían ou eran procesos de selección moi longos.
Proliferaban sobre todo modelos de contratos para autonomos.
Todo normal nun momento de gran demanda de emprego e pouca oferta de traballo, o que fai que as condición sexan moi pobres.
Ante isto a mellor opción e ir aproveitando o tempo para abrirte camiño naquilo que che gusta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario