martes, 30 de junio de 2009

Como recordo... as actividades de meu fillo. Judo.

Recordo que desde moi neno, polo feito de ser grandullón, non posuía unha grande psicomotricidade.
Decidimos por iso que igual era bo que fose a practicar unha arte marcial, creíamos que deste xeito melloraría na súa capacidade de controlar os movementos, gañando coordinación e flexibilidade co cal adquiriría un mellor dominio dos seus movementos.
Tamén nos atraía a parte espiritual da actividade, pois formaríase igualmente como persoa. O que non tivemos moi claro era qué arte marcial, pero no colexio so podía escoller Judo. A favor desta estaba o feito de ser Olimpica.
Co tempo a decisión pareceu acertada.
Tiña un monitor excelente: Marcial Romero. Acudía unha vez por semana a clase. Durante o ano celebraban dous eventos, un o final de ano no Pabellón das Travesas e outro entre abril e maio, normalmente no Pabellón de Bouzas. Ambos eventos destacaban polo éxito de público, a perfecta organización e enorme "fair play" no que se desenrolaban. Sempre me sorprendeu o orden co que se desenvolvía todo, tendo en conta de que o número de nenos superaba os 1.000 e nunhas idades na que son moi inquietos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario