Foi un día normal. Quizás o máis anormal foron as poucas felicitacións que recibín (Tan so Sergio, ex-compañeiro de traballo, miña muller e meu fillo).
O tema era para reflexionar... algo non debía estar facendo ben. Ou ben non promocionei axeitadamente o día ou ben dalgún xeito estaba facendo pouca vida social ou ben "cada quén recolle o que sementa". Da que pensar.
Como dicía foi un día normal. Seguindo o programa. Como todolos luns prestando un pouco máis de atención as ofertas de traballo. Enviei algún curricullum pero non había nada espectacularmente interesante.
Así pasei a mañá. A última hora quedara co Administrador da Comunidade para facer o trámite do Banco, firmar o Acta de Reunión e exercer xa de Presidente.
Pola tarde quedara con Fon para facer a "Senda da Auga" e prepararnos para a aventura do Camiño de Santiago.Esta ruta de dificultade baixa discurre pola antigua traida de augas de Vigo entre Vigo a Reboreda (Redondela), unha vez alí baixamos a Redondela e voltamos pola nacional hacia Vigo. En total 4 horas de entrenamento para "facer cú". Chegamos. Baño na piscina. Cena con champán. E..... E a durmir.
martes, 16 de junio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario