viernes, 15 de mayo de 2009

Como recordo... facer dinámicas de Equipo.

E moi común socialmente utilizar indistintamente a palabra Grupo e a palabra Equipo.
Xeralmente de forma colectiva solemos actuar como Grupo aínda que a situación requira ser Equipo.
Un Grupo, como tal, son un número de persoas que comparten un entorno levadas alí por unha situación... un Equipo vai máis alá.
Son un grupo de persoas enfocadas hacia un resultado común. Para iso necesitan crear unha sintonía entre eles, compartir habilidades, definir normas e ir hacia un obxectivo colectivo.
Formar un equipo require unha posta en común das máximas capacidades de cada individuo, crear sinerxias, e dicir, que 1+1=3.
Recordo que para mellorar habilidades neste sentido, participei en algunhas dinámicas de resultados bastante frustrantes pero de conclusións moi validas para o día a día.
O obxectivo individual de cada un era liderar. Actuar sin planificación. Obviar o consenso afogando a a implicación...
O tempo de resposta ante un reto facíase eterno, de gran desgaste e frustración.
Desgraciadamente sigue sin profundizarse nestes temas no sistema educativo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario