Creo que estaba en 7º de EXB cando no colexio organizouse unha excursión a neve.
O itinerario tiña unha primera parada en Ribadavia para visitar unhas bodegas da Cooperativa do Ribeiro, onde nos agasallaron con duas botellas de viño por cabeza. De alí marchamos camiño de Cabeza de Manzaneda.
A montaña recibiunos cun dia de frio humido, deses en que ir a neve convertese nun suplicio.
Chegamos co tempo xusto para baixar as maletas, cear e ubicarnos nos bungalows, beber o viño, afloxarsenos a risa e comenzar a festa de verdade. Entre o alcohol, as ormonas nesa edade e o feito pouco habitual de dormir xuntos desatouse a locura.
Os primeiro atrevidos non dubidaron en sair en pixama e recorrer pola neve o treito que nos separaba do bungalow das rapazas.
Estivemos ata ben entrada a noite con esas idas e voltas, entre risas, ata que o cansancio nos foi tumbando un a un coma pezas dun domino de cartón.
Pola mañá tocou ir a piscina, na cal facía un frio de medo e pesar da sua condición de climatizada.
No regreso visitamos Ourense para tocar As Burgas.
Isto e todo o que recordo, o demais está plasmado nalgunha foto que conservo que cando as vexo, asaltame a curiosidade de saber que sería das súas vidas, como lles irá, cantos fillos terán ... ¿serán felices?.
jueves, 14 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario