sábado, 4 de abril de 2009

Como recordo... xogar na parada do autobús

Recordo que o campo de xogo era a carretera. Bastaban un balón, catro pedras e outros tantos xerseis para sinalar ben as porterias. Facíanse dous equipos máis o menos compensados e a correr todos detrás do balón, naquel espacio tan estreito que non daba para nada. Así un día tras outro, a primeira hora da mañá e despois de comer... esta dinámica so se interrumpía no tempo das bolas ou dos trompos, así ano tras ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario