Recordo chegar e sentarme como todos os compañeiros en silencio, quieto, a expectativa. De repente entrar dous tipos, un recordo que con barba, e falando en galego con autoridade. Empezaron a dictar os libros a comprar... so recordo que o de ximnasia chamabase: "A ximnasia como medio de locomoción", Ed. Bruño. Algún valente atreveuse a preguntar, eu calado, alucinaba. A broma, dos compañeiros de enfrente (5º Delineación) non quedou aí. Pouco máis tarde, levantaron levemente a porta sobre as bisagras. Cando chegou o profesor, este entrou de forma atropellada batendo co chan. Todos rimos. As risas pagounas unha rapaza das primeiras mesas, a cal foi expulsada inmediatamente por Xurxo, así coñecín a Xurxo...
Recordos. Construir un blog de recordos. Escenas da miña vida recreadas como pensamentos casuales.Xa postos, sería interesante construir unha "Wikihistoria". Reconstruir o noso pasado cunha comunidade de recordos. A vida, os feitos, non son como os recollen as hemerotecas senón como os sentidos os cincelaron na nosa memoria
No hay comentarios:
Publicar un comentario