jueves, 9 de abril de 2009

Como recordo... a Semana Santa.


Recordo a Semana Santa con tódolos sentidos. A Vista (O verde Olivo), o Oido (As películas de Romanos), o Gusto ( O bacalao da Cuaresma), o Olfato (o cheiro das roscas) e o Tacto ( o da roupa nova o Domingo de Pascua).

Pero na miña memoria o primeiro que me ven a cabeza son as roscas. Era uns días de festa para nos. Íamos para o forno e alí xogábamos entre os sacos de fariña, ata unha hora maís tarde do habitual. Agarimados pola conversación dos maiores e o calor do forno, xogábamos ata caer rendidos. Entre o cheiro a manteca, anis, ralladura de laranxa... a espera de que se "veña" a masa. E xa de mañá despertar co cheiro das roscas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario