jueves, 16 de abril de 2009

Como recordo... ir a vender o Mercado do Progreso (Vigo)

Recordo o día anterior preparar as xudias sobre a terraza da casa de miña avoa. Esténdelas e limpialas votandolle auga por encima. O efecto da auga sobre a terraza quente do sol de todo o día, producía un cheiro agradable e inesquencible. Xa limpias metíamolas nuns sacos de tela.

De mañá madrugabamos para coller o primeiro autobús que pasaba, "A Galaica", non recordo exactamente a hora, pero o redor das 7 da mañá.De onde nos deixaba o autobús ata o mercado inda había un bo treito. Xa no mercado situabamonos na planta de abaixo. Aquilo era un fervedoiro de xente para vender as suas colleitas.


A medida que avanzaba a mañá e as ventas ían lentas eu empezaba a impacientarme, pois miña avoa era incapaz de regresar con mercancía. Despois de moito regateo desagradable, para as entendedoiras dun neno, conseguiamos vender ou malvender todo. Entón miña avoa subía a plaza e compraba peixe e algunhas outras cousas que necesitase. Así, outra vez cargados, volvíamos para casa xa ben pasado o mediodía...

No hay comentarios:

Publicar un comentario