viernes, 17 de abril de 2009

Como recordo... ir a regar.

Recordo de neno ir bastantes veces a regar coa avoa. A hora e o día dependía do calendario previamente establecido polos regantes, que se transmitía de xeración en xeración. Podíache tocar de madrugada ou cando cadrase.
Antes de empezar a temporada de rega, os veciños reunianse para preparar os peirados e limpiar os regos por onde ián desviar a augas do rio. Ainda así, no momento de regar sempre tiñas que repasa-lo rego cando ías buscar a auga, pois producianse filtracións e a auga perdiase no traxecto. Tamén era habitual que algún espabilado rompese o seu turno e che roubase a auga rio arriba. Nada novo.
Do feito de regar, recordo que era abrir surcos pola veiga e deixar que a auga discurrise mansamente, encharcando, para asi filtrarse mellor e favorecer a futura colleita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario