lunes, 20 de abril de 2009

Como recordo... facer sidra.

Recordo que nos anos de moita colleita de manzáns, sempre xurdía a idea de facer sidra.
Recollíamos froita propia e tamén se lle pedía a algún veciño. Seleccionabamola o mellor que podíamos e prensabase. Bueno, antes triturabase algo cun aparato manual que requería bastante esforzo.
Recordo que a mín o que máis me gustaba era o zumo que saía no momento de prensar.
Despois do proceso de filtro, de engadirlle algún azúcar ... cando a lúa o permitía embotellabase. Pasado un tempo cando abrías unha botella, eu dicía para min, que o traballo non merecía a pena. Anos despois, olvidada esta idea, e caíamos na tentación de volvera a facela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario