
A ceremonía na Iglesia foi larga. Como apuntou un invitado: "cura de máis de 60 anos, ceremonia longa". Menos mal que foi amenizada por un duo, no que a rapaza tiña unha voz importante.
Os novios lucían espectaculares nun día tan especial. Entre os invitados destacaban as cores escuras, sobre todo nas mulleres o negro dominaba.
Todo discurriu na Iglesia según o protocolo: fotos diante do altar, saida entre arroz e pétalos, felicitacións... e de aí o Restaurante Brisamar en A Guarda.
Xa alí, despois dos entrantes variados disfrutamos dun "abundante" menú: Camaróns, Boi, Langostinos cocidos, percebes, nécora, langostinos a plancha, langosta, sorbete de limón, brocheta de rape e solomillos. Pasteles e tarta...
Recordo que a conversación na mesa foi moi animada. Cando estás con xente de confianza podese tocar todo tipo de temas pois cada un xa sabemos por onde vai sair, de aí que todo se tome con bo "talante". Como anécdota, a min verteronme unha copa de viño sobre o pantalón de liño, co cal xa podedes imaxinar a estampa.
Recordo como momentos especiais cando se proxectou unha montaxe con fotos dos novios mostrando un esbozo das suas vidas e os inicios da relación. Momento de emocións. Tamén foi especial o momento do baile, pois aí os amigos cantamoslle a canción de Miguel Bosé "Te amaré" . Bonito.
Despois festa, copas, baile, risas, fotos con amigos e bo ambiente.
Foi un bo día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario