lunes, 14 de septiembre de 2026
Como recordo ler "El perro de los Baskerville" fr Arthur Conan Doyle
Recordo que quedara atascado nunha lectura destas que crees tes que facer pero que non acaba de atraparte. Foi o caso de "La peninsula de las casas vacias". Cando isto sucede alargas a renovacion na biblioteca para acabar entregando o libro fora de tempo e sin ler. Para retomar o ritmo de lectura decidin votar man da pequena biblioteca de miña nai, e collinlle prestado "El perro de los Baskerville" de Arthur Conan Doyle. Non lera nunca, creo recordar ningun libro de Sherlock Holmes e imaxinei que si algo tería e intriga, co cal a lectura sería rápida. A verdade e que foi decepcionante, tal vez porque as miñas expectativas serían elevadas. Esperaba unha trama complexa, con idas e voltas, e sorpresa no resultado final das investigascions. Agardaba un libro cheo de matices e con apuntes de coñecementos sobre diversos temas. Nada disto. Todo collido con pinzas e bastante plano, sen ningun apunte que me aportara algo. Lectura rapida e punto.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario