jueves, 20 de agosto de 2026
Como recordo ... a reunion co coordinador do Celta.
Recordo que estabamos en etapa infantil e o ano non estaba sendo bo en liñas xerais. No era un tema so de resultados senón de evolucion e sensacions, o equipo estaba sumindo nun rendemento plano. Tomei a decision por primeira vez en anos de reunirme co coordinador, con duas intencions, transmitirlle que estabamos pendente do proceso e comprobar de primeira man como estaban traballando de con que intencion. Levaba anotadas duas preguntas. ¿cal era a planificacion do equipo en canto a formacion ou asimilacion de conceptos? a resposta foi algo dispersa. Semella que estaba habendo un cambio, mudarase de aspectos colectivos o centrarse na evolucion individual de cada xogador. Recordo que a resposta non me resultou convincente, co cal aproveitando que o foco estaba no individuo, preguntei por ¿cales eran os obxectivos en canto formacion e aprendizaxe con David? despois de regalarme palabras bonitas e confianza, a conversacion centrouse no que podia dar e no que lle ian esixir, pero pouco en como o estaban facendo ou o ian facer... non sain convencido, ou si, realmente e para decepcion escoitei o que esperaba escoitar. Tocaba traballar con David de xeito individual, buscar a mellora e o apoio por fora, e no momento que o proceso se relantizase non quedaba outra que atopar outros camiños.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario