lunes, 14 de julio de 2025
Como recordo ler "Todo lo que era solido" de Antonio Muñoz Molina
Recordo que escoitando unha entrevista a Toni Nadal, nun momento dado citou este libro para apuntalar algunha opinion sua. Toni Nadal tiña un xeito particular de interpretar a actualidade e a min todo o que dicia chamabame a atencion. Tomei nota do libro e apunteino como proxima lectura, a pesar de que poucas referencia tiña sobre o escritor. Recordo que dende o principio "Todo lo que era solido" conseguiu engancharme. Moitas das reflexions que se facian no libro coincidian plenamente coas miñas propias opinions.. a magoa e que o Antonio Muñoz Molina falaba da necesidade de deter a sangria moral na que estabomos inmersos, pero falaba de 2013, co cal durante a su lectura o meu pesimismo foi increscendo, pois estabamos en 2025 e non e que a situacion trocara, senon que empeorara moito mais, e todo aquilo "que antes era solido" xa era moi dificil de identificar... o libro e unha profunda reflexion sobre de onde vimos e de como a apatía e o descoñecemento do orixe das cousas, esta facendo que todo aquilo que nos sustentaba como sociedade e como individuos esta a desaparecer para non voltar, deixar de existir... libro moi recomendable...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario