domingo, 9 de marzo de 2025

Como recordo a viaxe a Dubai

Recordo que aproveitando que David participaba nun Torneo de Futbol 9 en Dubai, tiña anotadas estas datas no calendario para ir. Non coincidia ben, pois era final de mes, e por outra parte coincidia coa Carnaval Cup, que se celebraba en Cataluña a onde normalmente acudian. Para a Carnaval compramos billetes de avion para aproveitar o bo precio, cartos que perdemos pois finalmente non acudimos e non atopeia a forma de canxealos. Recordo que o preparativo da viaxe a Dubai foi un pouco estresante. Como sempre no Celta ata case 15 dias antes non confirmaron convocatoria. Con este dato, iamos acuidir moitos pais, co cal xurdiu a tormenta de ideas e os medos, temores e supostos de cada un. Andiven lento hora de reservar e finalmente collin os voos, Vigo-Madrid-Estambul-Abudhabi-Estambul-Barcelona-Vigo... paguei o mesmo pero quedaba un dia mais. O tramo mais importante faciao con Pegasus Airlines, compañia que non coñecia, pero que despois se confirmou cunha puntualidade perfecta. Asi como nos erguemos o dia de febreiro de 2025 as 6:15 para facer os ultimos preparativos con tempo, voltar comprobar documentacion e revisar que David (marchaba mais tarde) tivese todo o necesario. Saimos algo tarde da casa, a esa hora xa hai moito trafico, xa chegando o Aeroporto Isabel deuse conta que non collera o DNI, tivemos que dar volta, poñendonos en mans de calqueira imprevisto. As 8:05 estabamos entrando polo aeroporto, para pasar o control e embarcar case os ultimos. Voabamos con Air Europa, saimos as 8:40 para chegar puntuais a Madrid. Reunimonos todo o grupo. Eles viaxaban con Turkis Airlines as 12 e nos as 12:50.. o seu vo acumulaba retraso.. o noso cheo a rebosar, saiu puntual.. o voo, de 4 horas foi normal, cando estabamos chegando a Estambul, chamabame a atencion a paixase toda salpicada de zoas blancas, eu pensaba que era area, pensaba que o relevo era desertico, o achegarme o Aeroporto dinme conta do erro, sobre Estambul caira unha nevada fortisima facia uns dias, de certo chegamos con 2 grados centigrados, estaba sorprendido, pois non era consciente de que poidesen chegar a estas temperaturas e menos neve. A terminal onde aterramos ere toda case de Pegasus Airlines, co cal poucas esperanzas de atopar os compis de viaxe. Esta parte do aeroporto ten moita actividade e xa se respira ese ambente caotico de Estambul. Tratamos de dar de alta a wifi gratis, e non foi posible, co cal estabamos incomunicados, pois a tarxeta que comprara de Holafly activavase en Emiratos Arabes. Compramos uns bocadillos e algo de bebida, 1440 liras (un 38 euros).. tratei de pagar con varias tarxetas e non me aceptou, todo eran atrancos. Tratei de comprar unha auga nunha maquina e tampouco, finalmente compreina por 92 liras.. sorprende os precios nos aeroportos, desproporcionadamente caros... pasamolo rato, ata subir o avion as 22:20 hora local. Durante o voo, tivemos algunhas turbulencias. Por momentos pasamos por encima de terras salpicadas polo que parecian campos de petroleo, pois percibisea a chamarada destes.. cando nos achegamos a Abudhabi, dende arriba aprecias o seu perfecto diseño, con amplias avenidas, cidade moderna..o aeroporto transmite modernidade, sen reparar en luxos e tecnoloxias. Pasamos o control de pasaporte sen problema. Levounos algon de tempo atopar a zoa do Rent a Car. Cando identifique as cores do noso Rent a car, ali fomos, sentamonos entreguei a documentacion e condo o mozo ia realizar a alta, deuse conta que nos sentaramos en Europcar e nos contrataramos Enterprise, rimonos ambos e amablemente indicaunos onde dirixirnos.. algo que percibes en Emiratos nada mais chegar e o orde e a amabilidade.. o rapaz de Enterprise moi amable indicoume que me trabucara na reserva, pois reservara un dia mais, fixome o cambio restandome ese dia.. para entendernos tiven que utilizar o traductor do iphone, moi amable explicounos todo con correccion.. igualmente a persona que nos entregou o coche un Ford (tipo Kuga, automatico).. explicounos todo, aconsellounos facer un video, e curiosamente anotou que nos entregaba o coche con 3/8, non cheo. Activei a tarxeta Holafly, e empezaron a chegarnos as mensaxes, os compañerios quedaran atrapados en Estambul, non poideron enlazar co seguinte voo e tiñan que pasar un dia mais en Estambul, co conseguinte cabreo...nos collemos direccion o Hotel Rove at de Park, chegamos as 6:30 hora local, foron 70km de autopista, salpicada de constantes mezquitas. Atendeunos un rapaz moi amable que nos explicou todo perfectamente, cando me cobrou, semellou que era menos do que pensaba, achaqueino o tipo de cambio. Invitounos a pedir dende a habitacion, cafe, auga etc.. cando xa estabamos instalados soou o telefono, pensei, que amable insistenos en tomar algo, non lle entendin nada, eu so dicia "no, thanks".. o pouco rato chegou o rapaz con tpv para disculpandose dicirme que por erro cobraranos de menos.. ambos rimonos... Dia 2 Dormimos o suficiente para repoñernos da viaxe anterior, unhas 5 horas. O dia non estaba quente, facia moito vento. Para aproveitar o tempo que tiñamos antes do primeiro partido, achegamonos hacia costa.. sen querer achegamonos a praia coñecida pola practica do Kitesurf. Tiña un amplio parking cheo de autocaravanas, algunhas tipo autobus.. facia moito vento e ata a area molestaba nos ollos. Xusto o lado habia un circuito de terra, onde alguen estaba disfrutando de conducir un deportivo queimando adrenalina... como xa tocaba comer e non desainaramos, decidimos ir hacia onde se celebraba o Torneo, o Ghastoot Racing Club. De camiño parei a repostar, o precio da gasolina e de 0.60 ctmos.. dixenlle o pakistani "full" e curiosamente, cando semellaba estar cheo, fixome encender o vehiculo para que o deposito admitise algo mais de combustible, quedei sorprendido.Comemos no Restaurante Ghastoot. Restaurante de carretera con enorme trasiego de xente. Uns paraban a coller un te ou cafe (tiña como un servicio rapido), outros collian comida para levar, xusto na entrada un comedor cheo de obreiros en mesas comuns, o lado un comedor con biombos para familia e arriba un comedor "deluxe", sitio tipico, que non daba bo aspecto pero onde comemos ben e barato.. unha ensala, pan de pita con humus, dous platos de pasta rica, e polo asado, zumo de piña, coca-cola, cafes e xelado.. o cambio 27 euros..Tomamos direccion o campo. Aquilo era un club de polo, con instalacions amplias e luxosas.. xogabase en herva natural a futbol 9, con porteira de futbol 8.. polo visto no primeiro partido, semellaba que ia haber poucos espacios, moito contacto e futbol atascado.. perdomo 1-0 contra o Driblz SC (Al Jazira SC, Fursan Hispania FC B)... merecemos poñernos por diante, pero marcaronos de penalti e despois apenas tivemos ritmo de xogo.. David estivo ben, deu unha asistencia, anularonlle un gol, tivo presencia e xogou con personalidade... esta derrota deixou algon de decepcion.. o acabar liamonos falando con Alex Calvo e non pudemos saudar os nenos, algo que necesitaban...xo chegaramos para o primeiro partido: Jose, Iria e Jorge, que decidira pagar un billete a parte e non quedar retido en Estambul... decidimos ir visitar o Burj Kalifa e o Dubai Mall. Costounos chegar, debido o tráfico, xa ali aparcamos no parking do Dubai Mall que e gratuito... o espectaculo da cidade impresiona, eu creo que non hai nada semellante.. entretivemonos admirando os diversos rallaceos, cada un, un capricho arquitectonico... recorremos todo o entorno do lago, parandonos cada vez que se iniciaba os espectaculo de luz, son e chorros na fonte... ceamos unhas pizzas por 32 euros... David tentou falar con nos, pero a aplicacion de chamada de whatsapp non lle ia, notabase que necesitaba falar con nos... enviume unha mensaxe que non me gustou, forma parte dunha cara do futbol, quiza necesaria pero que me entristece... un neno de 12 anos non pode enviar unha mensaje pedindo disculpas polo partido que fixo ¿?, decindo que non mereciamos isto polo esforzo que fixeramos en ir ata ali... tocaba averiguar de onde viñan esas palabras, pero estaba convencido que viñan provocadas por unha bronca, non o entendia, pois colectivante o equipo non estivo tan mal, e David individualmente deu un rendemento medio-alto.. e triste pero tera que acostumarse a convivir con estas situacions si quere perseguir o seu soño... Dia 3 Despertei cedo. Quedaramos para sair do hotal as 9 aprox. Cando chegamos abaixo o grupo estabase organizando parac coller os taxis. Fora un acerto alquilar un coche. As distancias neste caso en Dubai facianse longas en espacio e tempo, e supoñian un desembolso extra. Tocaba xogar un partido que ia marcar o noso camiño no campeonato. Gañamos 3-0 e David recuperou a sua posicion no mediocentro facendo un bo partido. O futbol fluiu e incluso animouse con algun disparo. Pudemos falar con el o acabar, non sei si era o cansancio da viaxe ou o pouco durmir, pero notabao algo extraño.. necesitaba do noso cariño.. non sei que lle afectaba: se a presion, celos, algun detalle de convivencia .. ¿??.. aproveitamos o tempo libre para achegarnos a Marina de Dubai.. aparcamos pegados a Marina e pagamos 10 dirhams a hora.. o lugar e impresionante, rayaceos por todos lados rodeando unha canle de mar, conxunto estetico impresionante.. buscamos un local para comer parte do grupo todos xuntos nunha terraza.. comemos ben.. paseamos pola ribeira, a temperatura era boa.. observamos que seguiase construindo, os turnos de traballo eran de 12+12 horas.. case todos pakistanies.. voltamos hacia o campo, tocaba xogar as 17h co Furhsan B, semellaba ia ser sinxelo pero costau algo mais do previsto, acabamos gañando 2-0. David saiu de cara para acabar xogando 25 minutos. Tal vez por iso estaba un pouco contrariado.. levaba 15+30+25. Falamos algo con el para despois ir todos xuntos hacia o Burj Kalifa. Outra vez atasco para tarda 1 hora 30 minutos. Reunimonos todo o grupo para subir ata a planta 124-125 por un 47 euros. O edificio mida 840 metros. O ascensor sube a moita velocidade. Dende arriba comprobas como altos rayaceos quedan en nada, e podes aprecia a magnitude desa cidade. Baixamos e falamos con David por videochamada, seguia demandando a nosa presencia...Decidimos ir probar cear nunha zona de restaurantes. Sentamonos nunha terraza de vistas privilexiadas, cobraronnos por 2 augas de litro 25 euros.. decidimos levantarnos en non pagar os excesivos precio (Estrella Galicia 24 euros).. Ceamos nunha cadea de hamburguesas americana Five Guns ¿?.. curisamente permitianche acompañar a cea con cacahuetes ilimitado.. cando chegamos o hotel eran as 1:30 Dia 4 Levanteime cedo. As 8:30 estaba facendo algo de deporte no ximnasio. Uns 50 minutos para queimar grasas e activarme. Ducha e saimos hacia o campo. Tocaba eliminatoria contra o Chelsea. Acabamos 0-0, para gañar a penalties 4-2. David xogou 30 minutos. Ben, dando equilibrio e facendo futbol. Coa sua saida o equipo perdeu algo de control. Tocoulle tirar un penalti e marcouno, tirando con confianza e enganando o porteiro. Ledicia inmensa de pais e nenos. Celebramos xuntos e os pais marchamos a comer o Restaurante Chantoo. Tiven que facer varias viaxes para levar os 29. Comemos bastante ben, e como anecdota cando fomos a pagar pedimos a conta, deixouna na nosa mesa, eran 630 dirhams, pagou Dani todo e criamos que se correspondia o pago da nosa mesa, pronto nos demos conta de correspondia o total. O camareiro non deixaba de disculparse por ternos cobrado todo e nos riamos sin entender que fora tan barato, apenas 5-6 euros por persoa,. fixemos unha foto de grupo na entrada e collemos taxis para ir a Marina. Ali resereservamos un bonito yate para percorrer polo mar toda esta zoa e maravillarnos da sua espectacularidade. Musica, risas, bonitas fotos, algo de oleaxe.. asi pasamos o resto da tarde. De volta pasamos por unha mezquita onde semellaba habia unha recepcion de personalides importantes, estaba a piques de escomenzar o Ramadan. A cuadrilla do coche decidimos ir a zoa de Jumegal. Había un zoco moderno espectacular, nunha zoa construida con gusto e moi cara... Ceamos na Pizerria Toscana, unha ricas pizzas. O posto tiña mesas pequenas, con cal elevaban as pizzas para poder poñer as bebidas debaixo e curiosamente os musulmans comian a pizza con guantes ¿??.. dali tomamos direccion o hotel, para chegar a 1:00 Dia 5 Hoxe tocaba futbol todo o dia, si todo saia ben. Erguemonos algo mais tarde, ainda asi pudemos ir 30 minutos o ximnasio. Tocaba eliminatoria para o Milan. Semellaba ia ser un partido duro, polo que se decia era un equipo a batir, moi fisico e con calidade. Cando chegamos estaban quecendo e si tiñan varias torres. Dende o quecemento trataban de xogar coa psicolixia, facendonos esperar no campo. De inicio os grandes non xogaban, e pronto pagaron o exceso de motivacion, pois o porteiro equivocouse duas veces e foi expulsado. Cun xogador mais controlamos perfectamente o partido, para gañar sen sufrir. Pasamos a semifinal contra o Levante Azurro de Bari, que viña cunha traxectoria moi boa. Non foron rival para nos, xa que gañamos 5-0. O resultado amplio permitiu o entrenar facer moita rotacion e que todos poideran participar, co cal chegariamos a final coa xente mais fresca. Tocaba final contra o Madrid que eliminara na semifinal a un equipo exipcio, polemico, pois paraceia que os seus intregrantes tiñan mais idade da permitida.. na final habia moito ambente, e o publico estaba con nos.. o Madri apretou de inicio e puxose gañando 4-0, nos estabamos noqueados.. pero pouco a pouco e con moitos cambios e con rapaces con gañas de demostrar, conseguimos equilibrar o partido.. finalmente eles nun ultimo arreon, gañaron 6-4.. como equipo o Torneo foi espectacular. O rendemento de David foi bo, ainda que en momentos importantes non tivo a presencia agardada. Cando el esta no campo os xogo do equipo e mais fluido e ordeado, sabemos a que xogamos. O adestrador dalle a responsabilidade do xogo de estratexia. Posicionalmente mellorou moito, comprendendo a importancia de estar no exe. Cada vez atopa mellor os espacios entre lineas, e sigue movendose con intelixencia para permitir os movementos dos compañeiros. A mellorar, que o seu rendemento foi de mais a menos, que por momentos segueno asaltando as dubidas, notase cando sabe que non esta ben ou errou, semella mirar xa para a banda, agardando un posible cambio.. duda de si. Sufre cando os partidos descontrolanse, e aí os mais atrevidos, gañanlle o espacio que el se deixa arrebatar. Son situacions que a de ter que ir mellorando con tempo, asi como o seu fisico.. as veces no reparto de roles, non esta no top top co cal e sacrificado.. egoistamente eu penso que el sempre poderia estar no campo, ben de mediocentro, interior e incluso de lateral.. como mediocentro da control de partido e futbol, como interior faltalle ser mais incisivo e vertical, mais agresivo no un contra un.. no lateral poderia xogar perfectamente, pois daria profundida e perigro por banda.. toca seguir traballando... fixemos fotos da entrega de Trofeos na que Iker gañou premio o mellor porteiro...decidimos ir cera algo con Iria e Jose e despois levalos o seu hotel, seríamos os ultimos en deixar Dubai Dia 6 Tratamos de durmir mais tempo, pero espertamos cedo. Seguia dandolle voltas a algunha situacion do Torneo. A idea era aproveitar o dia para acudir a zoa de Al Fahidi, o Bur Dubai Soug (antigo zoco) e zoa de Al Seef. Aparcamos o coche nun parking do Carrefur, e camiñamos polo orilla do canal, par ir adentrandonos no zoco antigo, pouco interesante, pois outros paises teñen unha zoa antigua moito mais interesante... fixemos algunhas compras, practicando o regatear, as veces con exito e outra con fracaso.A Sergio compramoslle a camiseta de Ronaldo e a David a de Neymar, dos seu pasos por Arabia. Despois de tomar uns pasteles nunha terraza, voltamos o Carrefur para comprar canela e algo de fruta. E curioso comprobar como a orixe nos productos nesta parte do mundo xira hacia Asia.. os precios proporcionalmente eran similares os de España.. para sair do parking tivemos problemas, pois a maquina so aceptaba pago en efectivo... despois de varion intentos e de ter que acudir a unha casa de cambio (por certo desagradables) buscando efectivo, dous gardas moi amables, accederon a levantar a valla e deixarnos sair...Tomamos direccion Abudhabi, non sin antes parar ultima vez no Chantooa a comprar uns kebac... a autopista hacia Abudhabi esta salpicada por innumerables mezquita.. a Gran Mezquita de Abudhabi, e impresionante.. blanca rodeada por una luz azulada resalta na noite de xeito impresionante...hoxe escomenzaba o Ramadan e estaba ateigada de xente con fortes medidas de seguridade.. pasas escaneres, tes que descalzarte e na entrada separan homes de mulleres.. percorremos o seu redor e logo tomamos direccion as Torres Ethinad. Perto habia unha gran construccion que semellaba o Palacion do Emir... de camiño o aeroporto fixemos tempo tomando algo e vendo o Manchester City - Pymurth.. de ai seguimos hacia o aeroporto, chegando con tempo para devolver o coche sen incidencias... desa hora habia moito movemento no aeroporto. Entretivenme vendo os destinos: India, Pakistan, Bangladesh, Republicas Rusas.. moitos paises musulmans.. compramos un recordo para Paula cos ultimos dirhams e agardamos a saida do vo as 01:15 hora española... por certo, o precio nos aeroportos, non os acabo de entender, son acordes o que o viaxeiro pode pagar, non o custo real..a Estambul chegamos puntuais.. o aeroporto de Estambul e caotico.. buscamos a nosa porta de embarque .. tomamos uns cafes carisimos e servidos de xeito pouco xentil.. no baño das mulleres, escaso, a cola era de 40 persoas... todo caotico... saimmos rumbo Barcelona puntuias.. chegamos ben pero algo ansiosos para pasar o control de pasaportes, pois ainda tiñamos que cambiar de terminal.. todo saiu ben.. chegamos con tempo o vo de Rayanair .. as 15:30 estabamos en Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario