viernes, 23 de agosto de 2024
Como recordo ler "Michael Jordan, la biografia definitiva" de Roland Lazenby
Recordo que tiña curiosidade por saber de historias de grandes iconos do deporte. Jordan como deportista era unha referencia. Habia claroescuros na sua vida que non facian que me decidise a afrontar a lectura. Esta vez atopei o libro na biblioteca e lanceime a sua lectura ainda sendo conscente de que era un libro extenso. Xa antes lera a Phil Jackson e algunha referencia tiña. "Michael Jordan, la biografia definitiva" vai repasando paso a paso os orixes e evolucion de Jordan. Libro ven documentado que se recrea no dia a dia da sua evolucion, de como se foi fraguando ese xen competitivo brutal que se convertiu na sua principal virtude... no libro detallanse os seus inicios, as dubidas entre beisbol e baloncesto, o tenacidade, algun reves frustrante, e unha personalidade única que o converteu nun icono. Jordan revolucionou o deporte, levandoo mais ala dos aspectos deportivos, converteuse nunha marca, primeiro apoiado por Nike e logo incluso trascendendo a esta. Unha fe cega en si mesmo fixo que non tivera teito, e por iso levouno a cometer graves erros, pois esa adiccion a victoria levouno a caer en vicios complexos. Notase certo ar de biografía autorizada pois ainda que se tocan varios claroescuros.. faise de forma sútil: a sua adiccion o xogo, a presion que exercia sobre os seus compañeiros, e incluso directivos... asi como apretaba os seus rivais ata levalos a extenuacion, tamen o facia sobre aqueles que o rodeaban.. so quedaban libres os que conseguian gañarse o seu favor por admiracion... como conclusion desta lectura queda a ensinanza de sempre. Detras de calqueira exito sempre hai unha grande dose de traballo e perseverancia, da busqueda da mellora continua, da humildade para aceptar axuda, traballo en equipo, traballo fisico e mental...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario