martes, 11 de junio de 2024
Como recordo... a participacion de David na LaLiga Futures
Recordo que dende o inicio de David nas categorias inferiores do RC Celta a Promises era como o examen final en Futbol 8. Que David estaría entre os elexidos nunca o dubidei, o nivel que conseguise dar era a incertidume. O camiño percorrido nestes 3 anos fora intenso, cheo de altibaixos pero sempre en crecemento. Un proceso de maduracion constante. Recordo que o equipo acudia o Torneo con dubidas sobre o rendemento que podia dar, con grandes ilusions, pero con algunha certeza do que podia acontecer. David levou o 10, estivo ben pero sen brilar, facendo a sua labor de xeito correcto. Sacrificando o brilo persoal por darlle continuidade o xogo do equipo. Recordo que canta mais incidencia tiña no xogo do equipo, o futbol voltabase mais fluido. Neste punto aparecen as loitas de egos, dificiles de xestionar polo adestrador polo intervencionismo que temos os pais. Aqueles equipos que xestionan ben estes conflictos conseguen resultados por enrriba das suas individualidades. Recordo que nesta idade o desenrolo fisico escomenza a dar ventaxas, co cal nacen novas dubidas. Sobre este tema, consideraba que nesta etapa un ten que potenciar o máximo os recurso tecnicos e si isto coincide con teu ADN como futbolista como no caso de David, o camiño esta claro. Nun entorno con moitas promesas de futbolistas, el estaba aí, no sitia adecuado, con posibilidades pero coa zanahoria a distancia. Tocaba seguir traballando a destreza con ambas pernas, o variedade de recursos un contra un, equilibrar o corpo para buscar a forza e precision no golpeo... Gañamos o primeiro partido coa Real Sociedade 3-0, perdemos co Rayo 1-0, e sufrimos a peor derrota que recordo co Villareal 4-0. Repuxemonos gañando o Athletic 5-0. Recordo que nesta etapa os resultado cegabannos. O drama da derrota facianos dubidar do proceso e a victoria impedianos visualizar e analizar as areas de mellora. Quedou campeon o Valencia, un equipo que levo seguindo dende fai 3 anos. Cando David debutou co Celta, eliminamolos en semifinais na Pinares. Puxeramonos por diante 2-0 e despois aguantamos con uñas e dente. Eles nese torneo foran cunha plantilla xusta pero tomaron as rendas do partido, dominandono con un equipo de "xogons" pequeniños. Vinos perder partidos penalizados polo fisico. Reforzaronse con algo de musculo e consolidaron o orden tactico baseado na solidaridade. Funcionan como unha orquesta, conscientes das suas limitacions.Saben sufrir xuntos e cadaquen asume o seu rol. Non se aprecia unha loita de egos entre os dous talentos, Sergio Rodriguez e Sergio Revert. Asi conseguiron gañar o torneo, non sendo os favoritos.
Recordo que nos, curiosamente desordenamonos tando na derrota como na victoria. Cando as cousas van mal, cada un quere resolver pola sua conta, cando as cousas van ben cada un busca o lucimento personal. Deste xeito o camiño faise complicado. Constame que o adestrador Abalde trata de inculcar valores de equipo, con metáforas, incidindo nisto, pero as veces hai un contrapeso externo que dificulta a labor e ralentiza os resultados. Ante isto, toca traballar, centrarse na mellora personal e axudar a que os mecanismos colectivos se vaian axustando. Os soños seguen intactos. Recordo que neste punto igual era necesario axuda externa (entrenador individual) para non quedar rezagados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario