viernes, 27 de octubre de 2023

Como recordo ler... "Invicto" de Marcos Vazquez

Os libros chegan a un de forma casual ou estan agardando a que os descubras. Buscando respostas, escoitei unha conferencia de Imanol Ibarrondo, na cal referiase innumerables veces a un libro "Invicto" de Marcos Vazquez. Por esta insistencia e por pinceladas que apuntou, decidin aventurarme a sua lectura. Foi un descubrimento excepcional, podo dicir que adentrarme na lectura de Marco Aurelio, Epicteto etc... achegoume os estoicos para descubrir unha filosofia na que se inspiran moitas das ideas de lecturas anteriores, co que te das conta, que moitas delas son sucedaneos de pensamentos mais profundo. O libro e como un manual de vida, abras a folla que abras, sempre vas atopar unha resposta util para una situacion de vida. Lendo "Invicto" dinme conta como conclusions as que a experiencia te fai chegar, xa outros, 2000 anos antes chegaran a elas. Que camiños que algúns gurus creen descubrir outros xa os camiñaran antes."Invicto" pode ser como un manual de vida, pois como dicia, se abres o libro por calqueira paxina sempre vas a atopar algunha ensinanza...Tardei en lelo mais tempo do agardado, pois foron xurdindo outras lecturas... mellor asi, pois foron xurdindo acontecementos para os cales as reflexions do libro eran fonte de inspiracion. Este libro forma parte xa do meu listado de favoritos, de feito, regaleillo a unha persoa que creo o sabria valorar: Alberto Cameselle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario