lunes, 28 de agosto de 2023

Como recordo.. a viaxe pola Costa Azul e Provenza

Recordo que era unha viaxe que tiña previsto facer xusto cando nos confinaron polo Covid, de xeito xa tiña os billetes comprados e todo reservado, e finalmente poidemos anular todo. Desta vez mudaramos algo o plan, pois ser recordar todo moi ben, creo que colleramos un aeroporto mais o interior e o de regreso era Carcassone, con cal isto condicionaba os lugares a visitar.. desta vez o recorrido ia ser diferente... Dia 1 Saimos mais tarde do previsto de Vigo. Arrancamos as 18:45, tivemos que ir por autopista para evitar contratempos. Deixamos o coche en AparkingFly (72 euros) antes de coller o avion direccion Marsella as 21:10 para chegar puntuais as 22:45. O aeroporto de Marsella non representa a imaxe que temos de Francia, esta vello e con aspecto de mal mantemento. Marsella recibiunos con lago de vento frio e desagradable. Da T2 camiñamos ata a T1 para recoller o coche en Avis. A entrega foi rapida, sen os enbrollos de outras compañias baratas que te queren liar. Espero que todo saia ben, pois apenas cruzamos unhas palabras. Asignaronos un Peugeot 208 color negro con 2200 kms. Configurei o Android Auto para ir hacia Istres sen pisar carreteras de pago. 40 km, 47 minutos. Carretera lenta chea de rotondas. Chegamos o Hotel Ibis Budget Istres Trigance as 12:30. Ben situado, funcional e silencioso. Dia 2 Tratamos de despertar cedo para tomar direccion Marsella. Asi as 8:30 estabamos preparandonos. Fomos camiño de Marsella pasando por Martigues e deixando de lado unha gran refineria.. esta parte de Francia esta descuidada, pouco atendida, notase nas aceras, sitios publicos etc... as carreteras chas de vadens altos, bloques de cemento separando os carris e cada pouco unha rotonda.. superar os 80 kmh e dificil. Chegamos a Marsella con tempo para aparcar e acudir o punto de encontro con Guruwalk no Hotel de Ville (o Concello). Marsella a primeira vista e unha cidade portuaria, con mais istoria que Vigo, pero dependente do mar.. pouco cuidada, modernizada nos ultimos anos e semella estar esforzandose por recuperar algo de esplendor. Reunimonos cun grupo de 100 persoas, con cal nos dividimos en dous e a nos tocounos con guia chamado David, nacido en Santander que estudiou historia en Salamanca e traballara antes de guia en Budapest. Dende principio tratou de motivarnos na singularidade de Marsella.. primeira cidade francesa, de orixe romana, cunha grande importancia no Mediterraneo.. aparentemente destrozado o seu patrimonio polos Nazis.. pero a min recordame casos de outras cidades que non souberon cuidar do seu patrimonio.. cidade visceral, desexada por todos os reinos, sempra amezada como porto importante, piratas, mafia etc.. con tan pouco de paz para xerar un elite cultural que buscase a beleza e planexar o futuro. Cun forte vento iniciamos o recorrido por Le Parnier, barrio de pescadores, bonito, semiabandonado pero cheo de graffitis fruto do novo pulo cultural destas ultimas decadas. Subimos ato o alto deste barrio onde no seu tempo habia muiños de vento, para moer a fariña en surtir os panadeiros.. antes pasomos por algún escenarios de peliculas como Love Actually.. ou series interesantes para ver en Netflix... continuamos calexando ata chegar a Catedral do Seculo XIX e realmente espectacular, de inspiracion bizantina e chea de grandes mosaicos.. seguimos ata chetar a beira do mar e dende o alto visualizar a entrada do antigo porto, estreita e totalmente protexida.. despedimonos do guia.. o cal cada un paga a sua vontade con cal nun grupo tan numeroso aparece unha representacion da especie humana, o explendido, os normais, os racanos, a escoria que se aproveita e despois escaquease sen poñer nin un duro... recollemos o coche no parking e tomamos camiño do Parque Natural das Calanques, sabiamos da advertencia de que estivese pechado por fortes ventos e risco de incendio. Asi foi, antes pararamos a comer algo nunha panaderia-sandwicheria moi tipica en Francia, con amplia oferte en dulces e bocadillos.. ali comemos. Decidimos tomar direccion hacia Cassis, para achegarnos o mar e poder bañarnos.. Facia un vento algo frio que incomodaba pero sobre todo sorprendeunos que o auga estivese tan fria. Demos un pequeno chapuzon nunha bonita zoa de rochas perto do Camping de Port Miou. Tentamos camiñar polos rocas ata Cassis pero imposible, co cal decidimos coller o coche e achegarnos a Port Miou. Estaba prohibido o acceso con ameaza de multa de 135 euros. Arriscamos. O porto era precioso. Unha lengua de mar suficiente para que poidese estar ateigado de barcos a ambos lados, casi todos de vela, imaxino que para aproveitar o mistral. Fixemos fotos preciosas antes de coller o coche e voltar hacia Cassis. Pobo bonito, rodeado de fermosas villas de luxo e viñedos. Os restaurantes a pe de porto a tope de xente. Buscamos algunha opcion economica, pero non era posible, decidimos cear no Restaurant L´escalier, decidimos probar un variado con sopa de peixe, pulpo marinado, e tartar.. os segundo moito mellores, entrecot, filetes de salmonete e pasta gnochis.. os postres moi ricos. Auga de xarra, total 97 cun menu infantil. Demos un pequeno paseo e volta o hotel o redor da 1 da maña. Dia 3 Despertamos mais tarde do desexado. Desainamos onde onte, ben. Isabel e eu levabamos dias de discusion continua... en situacions de cambio ou stress, de toma de decisions esta situacion acentuase.. afectando a toda a familia.. a situacion semellaba conducirnos ata un punto de inflexion.. decidira tomar direccion La Ciotat, paro a medio camiña ela decidiu que era mellor facer o Tour do Estadio do Olimpique de Marsella con David.. entretanto Sergio aproveitou para entrenar e eu para reflesionar.. o dia complicarase. Isabel pola maña votou en falta unha pulsera de ouro. O vento non arreciaba, era forte, asi como o ambente entre nos era tenso, de pelexa.. Loita de egos como sempre. Todo ameazaba con desmoronarse e asi foi. Voltamos hacia La Ciotat, pobo bonito cun grande asteleiro. Tentamos achegarnos ata a Calanque de Figuerolles, tamen pechada polos fortes ventos... nesta zoa todo eran zoas de aparcamento azul.. a frustracion fixo presa de nos, tomamos direccion Saint Cryr de Mer. Paramos antes nunha praia de auga cristalina o lado dunha zoa residencial, pero a auga seguia estando fria. Seguimos todo pola costa, sen rumbo e frustrados ata que todo saltou e derrumbeime.. en plenas vacacions non estaba no mellor estado de animo e doime trasmitirlle esta frustracion os meus fillos, os menos culpables. Votei unhas bagoas por segunda vez no dia, primeiro con Sergio e agora con David, sentado nunha rochas. Teño dous fillos de sentementos a flor de pel. Sergio hacia dentro sufrindo en silencio e David que se quebra de dor e pide soedade, silencio. Chorei. Tomamos en silencio direccion Villenouve-Loubet e a paisaxe hacia o interior, pronto mudou.. amplios viñedos, montaña, grandes extensions de bosque, carreteras lentas cheas de curvas e multiples reviravoltas... un erro con navegador levounos a parar en Villeuve-Loubet, pobo bonito e ben cuidado.. pero non o hotel F1 estaba nunha zoa mais industrial mais perto do mar.. antes pasamos por uns edificios maxestuosos e pintorescos en forma de trasatlanticos.. asi chegamos o hotel ou hostess e ai tocamos fondo. Ubicado nunha zoa escura, na entrada xuventude variopinta e o recepcionista nunha pequena terraza fumando porros.. chamoume a atencion que por varias veces me pedio que lle confirmaba que eran 4 noites.. o hotel semellaba un albergue, duas habitacions pequenas, unha con cama e outra con literas.. cheiro a humanidade, baños compartidos.. sen toallas.. en fin un gran erro.. despois de dixerir a situacion iniciei os tramites para tentar cancelar.. primero falando con booking, despois falando co hotel.. sen poder solucionar ata o dia seguinte e tremendamente triste, intentei durmir sen exito.. pensaba nos meus fillos sos, noutra habitacion... despois de un dia emocionalmente complicado... non me sentia seguro, pero sobre todo lamentaba terme equivocado tando.. Pensei e pensei, ata que me tranquilicei pensando neses viaxes que soñaba facer con eles a lugares pintorescos, ainda asi, isto era diferente, era un erro de prevision, de supervision, fallamos como familia, eu por elexir mal e os demais por non chequear a miña eleccion... non era unha situacion de azar.. dia duro, noite dura, leccion para non esquecer... Dia 4 Resolto o problema do hotel, fomos desaiunar a Villeneuve Loubet. Mais do mesmo. Dieta insana. Mentres nos recompoñiamos do vivido o dia anterior, enredamos 2 horas tratando atopar unha alternativa onde durmir sen quebrar o presuposto. Optamos polo Hotel Les Oliviers, en Fayence. Ata agora do que levabamos visto todo esta sobrevalorado, idealizado. Os pobos non estan excesivamente cuidados, e o patrimonio conservado non e tan avasallador.. o mimo o turista e relativo. Non sei, nada me chama excesivamente a atencion. Os franceses son mais tristes e pragmaticos que nos, .. costalles axudar.. se non sabes che repiten pero non moven un dedo para axudarche... pola contra teñe ese espiritu colectivo para loitar polos seus dereitos.. levaban 5 meses de Folga Xeral. Cambiando de tercio, o Hotel Les Oliviers en Fayence, levantounos o animo.. bonito, ben cuidado, limpio, bo cheiro, amplias habitacions e completas.. unha zoa de piscina amplia e ideal para disfrutar en tranquilidade e recuperarnos. O trato cos donos, amigable por primeira vez. Asi pasamos na piscina parte da tarde, con fotos, chapuzon e entretidos vendo os planeadores que voaban dende un aerodromo cercano. Contra tarde saimos a visitar, escomenzando por Fayence, pobo pequeno e escarpado, ben conservado en pedra, limpio e adornado con flores.. o seu Museo dos panadeiros, e un programa de actuacions musicais para o anoitecer moi completo.. compramos uns xelados e tomamos a carretera direccion a Mons, por unha carretera que serpeaba entre colinas e desfiladeros cheos de arbores, sen rastro de lume, sen muiños de vento e torres de Fenosa, sen calvas feitas polo home.. chegamos a Mons, pequeno pobo enclavado no alto da nada.. ben coidado... e contando na porta de cada casa a sua historia, que fora, de quen era, onde se coñeceran...e cun cargador electrico... elexindo a aventura o camiño hacia Grasse, optamos por unha carretera de montaña estreitisima, para un so coche, que baixaba seguindo o cauce do rio, ata chegar a unha pequena central hidroelectrica.. tan complicado era o camiño que incluso nun balado descansaba un coche accidentado.. pasamos por Saint Cezanne.. ata chegar a Grasse, localidade onde nacera Cristian Dior e Edith Piaf... pobo coñecido polas suas fabricas de perfume e onde se inspirou o libro.. as suas ruas estreitas e sombrias levaronme hacia algunhas esceas do libro, ruas ideais para agocharse.. Un amable mozo conduciunos ata a zoa de restaurantes. Cenamos ben: ensalada cesar, outra mixta, unha pasta portimore... 2 entrecot.. con auga.. todo rico 107 euros.. De ai a durmir Dia 5 As veces as cousas non saen como un planifica. Sempre xurden imprevistos que non estan baixo o noso control. Importante saber prevelos, pero mais si cabe entrenar a intuicion para saber resolvelos. A idea de hoxe era ir hacia Cannes, pasar o dia pola zona de praias e a volta visitar e cear en Mougins. Nada mais sair, non sei porque atopamos caravana. Levado pola miña intuicion cambiei a ruta para ir hacia o mar. Isto non lle gusta o navegador. As veces penso que e o google maps quen nos guia a todos e rematamos indo todos polo mesmo camiño. Guieime hacia o mar, o problema e que iamos hacia o Oeste, co cal, decidimos ir a Saint Tropez, todo isto por unha carretera de montaña chea de alcornoques e onde os ciclistas aproveitaban para disfrutar do deporte de xeito tranquilo.. desaiunamos en Lemuy, para pasar por Plan de Tour ata Saint Maximine.. xa na costa.. nesta parte do camiño ata Saint Tropez un inferno de 15 km en 1 hora... mudei o camiño. A idea era atravesar a Peninsula por algunha carretera de montaña, pero en Francia imposible.. co cal tivemos que ir hacia Le Levandou.. o cal foi un acerto, pois atopamos unha liña de costa preciosa, con zoas de baño pouco masificadas e moi bonitas.. chamaba a atencion nesta zona de costa o respeto polo entorno: as construccions similares e con tonos parecidos, pouco masificadas, con zoas verdes.. se algun edificio era mais alto, non superaba as 3 alturas.. asi pasamos a tarde bañandonos... facendo fotos.. e disfrutando da temperatura da auga.. chamounos a atencion a presencia dunha familia xudia.. ela bañandose vestida.. el coa sua barba e tanto el como todos os seus fillos varon (contei 4) co tipico caparazon sobre a cabeza... non sei... o final musulmans e arabes estan mais cerca do que parece non seus extremos.. ese puritanismo levado o extremo en publico cando entendo que e un tema mais particular... tomamos direccion Saint Tropez pola costa, arbores e mais arbores, vexetacion consolidada... a medida que nos achegabamos a Saint Tropez aumentaba o trafico.. buscamos unha zoa de baño perto para refrescar.. co atardecer estabamos aparcando no porto.. que luxo, aburreste de ver Yates enormes, notase que a medida que te achegas o nucleo do porto os Megayates son os donos da Bahia.. todo a reventar, un pobo orientado hacia o seu porto, de feito, as terrazas non chegan a liña de mar, entre medias unha rua sigue util para dar servicio e ofrecer comodidades os visitantes maritimos...o pobo e bonito e ben conservado, non caeu presa de especulacion.. cheo de tendas de luxo pechadas para clientes exclusivos, sobre todo arabes.. xenta guapa por todos lados e impicablemente vestidos.. os restaurantes non excesivamente caros, unha cervexa 5 euros.. ceamos no Ciao Rino, unha ensalda Cesar, 2 entrecot con patatas e pasta, con auga 98 euros... voltamos xa de noita con locales de copas a tope, e os parkings cheos de Ferraris e Porches nin que os regalaran... voltamos pola mesma carretera de montaña.. nunha noite escura pero preciosa sen luces que a manchasen.. as 12:45 estabamos no hotel. Remanso de Paz. Dia 6 Dormimos ben. Tomamos direccion Mougins coa idea de parar a desaiunar polo camiño, como asi foi nunha panaderia cafeteria. Todo regular, prefabricado.. compramos algo nun dus Supermercados Leclerc, todo carisimos.. seguimos hacia Mougins. Xa arredor do pobo o entorno era precioso, grandes residenciass, con bonitos xardins e amplios bosques. O pobo esta nun alto. Cando chegas xa te das conta que todos os detalles estan coidados e xira en torno a figura de Picasso.. e de outros artistas. Respirase paz e un ambente bohemio, cheo de salas de exposicions, esculturas.. e outras tendencias artisticas.. aproveitamos para facer moitas fotos... Continuamos hacia Antibes a a sua zona de playa. Espectaculares mansions, todo moi ben coidado e con gran discrecion. Pola sua costa hai un gran paseo con rincons espectaculares.. Buscamos unha zoa de rochas comoda para pasar o resto do dia mergullandonos unha e outra vez para combatir o calor.. a auga esta estupenda e o balanceo deo mar facianos disfrutar moito do baño.. cando caia o atardecer collemos direccion Cannes. Deste pobo agardaba outra cousa. E un pobo feo, ruidoso, cunha via amplia que tronza o pobo polo metade, asi como a via do ferrocarril.. esta sucio, non cheira ben, pouco cuidado e salpicado de construccions fora de lugar.. o caron do mar todo son terrazas, restaurantes a rebosar, moito ambente de turismo.. buscamos onde cear, e atopamos mais do mesmo, demos cun restaurante de guiris vido a menos.. chegamos de rebote pois a eleccion fora outro a revosar, pero como tiñan o lado outro do mesmo dono, animounos a ir.. nada que ver, o dono bigotudo, colounos unhas lubinas de gramos, cando pediramos unha unha lubina e unha dourada, reafirmouse no engano, non tiña gañas de montala, pero mereciao.. pedimos 2 pizzas malas... a conta nunha folla de papel.. inaudito... o simpatico e que o tipo, ainda pensaba que o seu local estaba vacio porque non se lei ben o letreiro, a carta etc.. cando o problema era el e o seu estilo... pagamos 84 euros, demos unha volta ata o alto do mirador, facendo as ultimas fotos. Tomamos uns xelados e volta o hotel. As 12:30 Dia 7 Tocaba despedirse do Hotel Les Oliviers en Fayence. Eleccion casual e moi acertada. Boa estancia. Tomamos direccion Valensole, como sempre por rutas alternativas. Carreteras de montaña reviradas, cheas de bosques, salpicadas de depositos antiincendios.. paramos en Chanteneblue, pobo de montaña, pra tentar desaiunar, non foi posible, pouco mais adiante en Ampus, compramos algo de pan e dulces nunha panaderia de pobo e pedimos uns cafes, o lado no tipico bar de pobo que daba incluso comidas.. seguimos avanzando. Hoxa a calor apretaba.. casi de casualidade pero levados pola intuicion, buscamos pasar o lado do embalse no Verdon... con acerto decidimos achegarnos a auga na localidade de Bauduen.. pobo diminuto, tranquilo e con moitos servicios para os veraneantes.. o lago era precioso, augas limpias de un azul turquesa, con bonitas zoas de baño, varias opcions de alquiler: lanchas a motor, kayak, kitsurf, windsurf.. a verdade e que se respiraba un ambiente familiar.. Sergio aproveitou para entrenar, por unha pista que bordeaba todo o lago, e eu grabei uns simpaticos videos de Sergio e David entrenando. Neste pobo ainda se podia comprar 1.5l de auga fria a 1 euro ¿?... o redor das 19h continuamos camiño direccion Valensole. Pasamos por campos de lavanda, xa poucos en flor, de anis, de outros con cheiro a citricos.. a esa hora os aromas entraban pola ventanilla do coche misturados cun ar algo mais fresco do atardecer.. asi chegamos a Valensole. Non sei porque tiña unhas expectativas altas sobre este pobo, pero dende a entrada, todo decepcionaba.. pobo mal cuidado, maltratado, ruas antigas asfaltadas, aberracions esteticas, igrexa a caer.. todo un desproposito.. lembrabame o tipico pobo antigo galego de labradores.. machacado esteticamente.. menos mal que conseguimos cear nunha bonita plaza, o aire libre cunha temperatura agradable. Tomamos 2 entrecots, unha dourada e un plato do dia a base de legumbres.. repusemos combustible a 1.91 euros litros, e voltamos de noite por unha carretera que se intuia agricola, tocando por momentos o Rodano...chegamos o Novotel Aix in Provence as 12:30 Dia 8 Durmimos todo o que necesitamos. Facia moita calor esa maña. Sen exito tratamos de buscar un lugar onde desaiunar no pobo cercano, pero era dia de feira, e aparcar era complicado... decidimos ir a un supermercado e comprar algo. Voltamos asi para o hotel a disfrutar da piscina e a sua amplia zona verde onde David e Sergio poideron entrenar.. As 16:30 tomamos direccion a seguinte parada, no hotel Les Clos de Aramons, en Bernis a 13kms de Nimes. A ruta semellaba levarnos por camiños mais coñecidos, zoas de cultivos, pequenas zoas industriais, canles de rego... pouco que ver coas paisaxes de outros dias, mais inhospito.. cruzamos o Rodano en Arles para chegar o que creiamos o hotel, inda nos rimos algo, pois chegamos a unha zoa residencial de igual nome, pechada con una valla, eu timbrei na mi ignorancia.. alguen dixo "wi, wi" pero non abriu, ese non semellaba ser o lugar correcto.. buscamos con ainco a direccion correcta e estabamos bastante desubicados...t reemprendemos a marcha pasando perto dun pequeno aeroporto, viñedos etc... para chegar a Les Clos de Aramons as 19h. Tivemos que chamar a Cristine por telefon, pronto acudiu con seu Suzuki Vitara.. o lugar era unha casa rural onde vivia a propia dona, decorada o seu gusto como un pequeno museo ambientada no mundo dos cabalos e a tauromaquia.. entendemonos con Cristina como puidemos para emprender camiño a Nimes.. aparcamos facil, perto de un boulevard que te achegaba ata a Catedral e a Plaza ou Arena de Nimes.. impresionante e ben conservada dende a epoca Romana.. calexeamos un pouco sen rumbo, para decidir cear nun restaurante de donos vietnamitas e cociñeiro xoven que estudiara no Pais Vasco e facia unha cociña de fusion.. pedimos algo parecido a un menu degustacion a base de tapas, rico pero nada sobrecolledor... pagamos 70 euros.. pouco mais ala, nunha pequena plaza compramos uns xelados ben ricos. As 23 horas fomos durmir. Dia 9 A primeira noite na casa rural, custounos durmir. A min non. O pobo era moi pequeno e habia unha absoluta tranquilidade. O resto da familia, pasar do hotel convencionai a unha casa allea, con cheiro propio e salpicada de lembranzas de outra familia, resultaballes extraño e xeraballe certa intranquilidade.. Asi era a casa de Cristine, un pequeno museo da sua vida e dos seus. En orixe foran colleiteiros de viño, como asi o reflexaban os innumerables libros de contabilidade antiquisimos.. como gran aficionada os touros, segun lle entendin chegara a presidir co seu cabalo o desfile inicio de festexo na praza de Nimes, acumulaba moitos recordos de feiras pasadas: capotes, carteis, cornos etc...todo o que poidera ser interesante, asi como lembranzas do que non debeu ser unha mala vida: autocaravana, radio, camara de fotos....eso si, todo acompañado polo seu grande amor polos animais e a sua fidelidade hacia eles a pesar da idade: cabalo vello, poni vello, can vello e o burro algo mais novo... a bandeira LGTB daba outra pincelada da sua personalidade asi como que por todos lados habia destellos de cor, que competian cos cores oscuros de lembranzas do pasado... este contraste daba alegria o lugar. O desaiuno era normal, con mais intencion que calidade. Sen ter o dia moi definido, decidimos tomar rumbo hacia Pont de Gard, a Ponte Romana de Nimes. Chegamos e sorprendeunos no parking habia que pagar 9 euros.. nos carteis leiase que habia que pagar por unha visita.. deixeime levar pola intuicion, e na venta de billetes, amablemente nos explicaron que so se pagaba pola visita guiada e pasar pola parte alta da ponte.. por acceder o demais non.. sen saber que nos iamos atopar continuamos. Sen contar, disfrutamos de un dia maravilloso no rio.. facendo fotos preciosas, bañandonos nun auga a unha temperatura excelente e tirandonos das rochas.. e un privelexio poder bañarte debaixo dunha ponte romana milenaria, ben conservada, Patrimonio da Humanidade, disfrutar dunha zoa de baño asi, salpicada de kayaks, contemplar o lonxe o ritual de boda, ou bautismo do que parecia unha tradicion africana, chea de canticos e vitores, en fin, deses dias e momentos que quedan cincelados na memoria.. asi estivemos ata media tarde.. o dia era de calor intenso... tomamos direccion Uzes, pobo medieval, moi ben coidado, cunha igrexa casi-catedral, palacios, hoteis antiguos sen restaurar, e algun 5 estrelas.. ruas ben coidadas, preciosas, todo en pedra, unha praza arbolada moi bonita, chea de terrazas e ambente.. ali eleximos cear, os camareiros levados polo exito, excedianse en confianzas pero souveron remontar para servirnos unha rica e abundante cea, a base de carne a brasa e ensaladas, a auga como sempre xentileza da casa.. o non consumo de bebidas, fai que o auga non se dispare, 86 euros, despois coma sempre uns xelados por 15.50 euros. Asi devolta o hotel, as 23:30 Dia 10 Conseguimos desaiunar as 9:30. Alguns cambios no menu, ovos cocidos, salchichas.. collemos direccion Pont de Arc, punto de encontro nas Gorges do Aderec. A viaxe de 90kms foi lente como todas por Francia. Pasamos pobos bonitos, onde a construccion xa cambiaba, seguia sendo de pedra pero de pedras moi pequenas.. pasamos zoas planas cheas de cultivos, montañas poboadas por arbores, varios cauces de rios impoñentes noutras datas, pero agora secos.. nun pobo que creo que se chamaba Bargac, celebrabase unha gran feira de antiguedades, asi dende antes o caron da carretera e alguns pobos expoñianse antiguedades... chegamos a Vallon con tempo para que Sergio e David se inscribisen nun descenso en kayac que ia durar 3-4 horas... asi foi, ala marcharon todos contentos a vivir a experiencia...o recorrido ia a traves da gargantas do rio, bonito, con varios saltos a remontar a través de tobogans, segun eles o recorrido foi sinxelo salvo un incidente no que nun rapido volcaron e sairon cada un polo seu lado.. pararon para darse algún baño e comer. As 18:30 recollemolos. Nos mentres tanto pasamos o tempo bañandonos e facendo fotos debaixo de Pont de Arc. O lugar e chamativo, un impoñente arco de pedra natural escarbado polo rio. O lado nosa 3 cans estiveronse bañando o noso lado toda a tarde, un deles, un precioso lobo eslovaco. Asi, baño tras baño, vendo algunha que outra locura de un rapaz saltando dende unha zona escarpada moi elevada.. asi tomamos direccion Avignon. Outra vez percorrendo unha ruta nova, bonita, que por momento corria parello o rio Ceze.. viñas, bosques etc.. asi todo o camiño. Chegando a Avigno recibete o Rodano, moi caudaloso. Avignon, impresiona nada mais vela pola sua monumentalidade.. unha muralla primorosa chea de matices e edificios maxestuosos que transpiran poder eclesiastico... como opcion para cear optamos por 5 kebacs que estaban ricos e sentaronnos ben. Total 40 euros. Un xelados 15 euros.. varias converesas disfrutando do paseo polas suas ruas e volta a casa por novas rutas, o caron do Rodano. Chegamos a durmir o redor da 1. Dia 11 Penultimo dia e despedida de Les Clos de Aramons. Cristine, boa muller, cuidadora das suas tradicions, con gañas de agradar e tentar dar o mellor de si. A estancia nunha casa de turismo rural faiche coller apego polo lugar e polas suas xentes. Asi, cunha despedida mais larga do normal, tomamos direccion Arles, tentando topar aquilo que inspiro a Van Gogh e adormeceuno nesa productiva locura. Arles esconde moita historia dende tempos romanos. Pegada o Rodano, xa navegable, a cidade esconde recunchos preciosos e nela respirase un ambente bohemio, con moitas salas de exposicion de todo tipo.. de rebote adentramonos na sua igrexa, preciosa, para deixarnos embaucar por un coro que soaba excelso en frances e pararnos ante cada capela. David algo agocha dentro que o fai arrodillarse a cada paso para rendir tributo con devocion. Seguimos camiñando as suas ruas sen rumbo fixo... de supeto notei un leve impacto nas costas.. unha pomba dende o alto dun tellado decidira cagar sobre min... risas.. Arles esconde un gran patrimonio romano, como a praza de touros... buscamos unha saida da muralla, para recoller o coche e tomar rumbo a Camargue. De camiño atravesas terras chairas, cultivadas, con colleitas de todo tipo:xirasoles, tomates, viñedos, frutas.. fixemos unhas foto preciosas nun xirasoles.. pouco a pouco daste conta que estas dentro de unha gran marisma, con poucas construccions, moitas lagoas, aves de todo tipo, cabalos brancos, alguns touros...inmenso e precioso.. no navegador puxen Plage de Est, con acerto, pois adentranos nunha zoa do parque totalmente virxe ata chegar o final dun especie de peninsula. A dereita deixamos unha praia plana de kilometros, a esquerda a marisma onde a sal dominaba a area sen auga.. chegamos co coche ata onde pudemos, votandolle valor.. por ali so pasaban rutas para bicicletas, cabalos e camiñantes... a tiña un arenal inmenso, plano, cun leve oleaxe agradable.. estivemos toda a tarde disfrutando do mar.. e Sergio e David aproveitaron para entrenar.. o redor das 20h condo xa non quedaba ninguen decidimos marchar .. e sorpresa, alguen con mal intencion atravesara unha valla no camiño e testara unha cadea con pedras.. coa axuda dunha persoa que tiña patinete, conseguimos sair e resolver ese apuro.. a esa hora a luz do atardecer dotaba o lugar de matices precisosos.. con algo de pena tomamos direccion Istres, perto de Marsella.. as vacacions tocaban o seu fin... Chegamos o redor das 22 horas o Ibis Budged Istres Trigance, a tempo para achegarnos a un Burger King cercado e cear unhas hamburguesas... Ultimo dia Sen prisa, levantamonos e organizamos as maletas para o regreso. Decidimos achegarnos a Martigues para comprar alguns recordos.. gastamos uns 100 euros en pequenos detalles.. tomamos un pequeno desaiuno, para con calma tomar direccion o aeroporto, antes paramos a repostar.. a devolucion do coche en Avis foi rapida e axil,.. hai boa diferencia no servicio con outros operadores... buscamos a terminal de saidas, a esa hora o bullicio era importante e o paso pola zona de control lento. Na zoa de contral retiveronos un xabon de lavanda que Isabel comprara.. pasamos sen problemas. O bo saiu puntual e a viaxe foi sen nengunha incidencia. Chegamos a Santiago puntuais e con moita calor. Recollemos o coche e voltamos para casa. A maior alegria e regresar sen incidencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario