miércoles, 5 de abril de 2023

Como recordo... o inicio temporada David 2022-23

Recordo que ese ano tocaba ser Alevin de primeiro ano e polo tanto competir as veces con nenos un ano maiores. Temen novo adestrador, co cal bastantes incertidumes. Nos primeiros compases da temporada, a min como observador, xurdironme algunhas dubidas. Aparentemente o futbol que ian facer era mais directo, non sei se por decision tecnica para dotalos de outra variable, para protexelos ante equipos mais fisicos ¿??... non sei, sempre trato de darlle unha volta as cousas para dar coa explicacion... o tempo me dira, pero os cambios son bastantes e o resultado semella que vai ser incerto. Polo de pronto, as comunicacions son mais escuetas, a pinceladas e incompletas. Os automatismos de xogo consolidados semella que van a caer en desuso. A saida de balón combinando, a aposta por esta idea, a minima dubida e abandonada. Non hai un intento de alterntiva, saimos con un, pasamos a intentalo con duos...o abanico de posibilidades e amplio, sobre todo si tes nenos con calidade para intentalo, ainda que corpo a corpo os poida limitar e sobre todo si o entrenas... outro rasgo e os saques de banda, non definidos e sen un criterio claro de iniciar... o final a unica solucion semella pase longo o dianteiro, control de cara e iniciar xogada.. ou arroutadas por banda onde o risco por perda e menor... se supon que a metodoloxia Celta e outra, e non ten sentido entrenar a unha cousa e xogar a outra, e temporada a temporada deberías mellorar o consolidado, e a metodoloxia Celta obriga a que todos os seus equipos sexan recoñecibles gañen ou perdan. Contar con dous tecnicos e un delegado permite que ter 6 ollos pendentes dos nenos, o cal e unha ventaxa para que un este centrado sempre no xogo, outro no quecemento ou os dous no xogo... se tes 14 nenos os que lle viches algo para formar parte do teu proxecto, na fase de grupo todos teñen que participar, pois nesa fase solo a calidade do grupo e o nivel de entrenamento deberia facerte pasar de fase... co cal si non confias e dubidas, penso, non estas confiando no teu traballo... en eliminatorias todo pode pasar e o abanico de solucions podese ampliar pero tamen o nivel de intensidade motivacional ten que ir increscendo... non sei, ojala me equivoque, vai ser un ano complicado para David, pois el necesita ter moito contacto co balon para poder expresar o seu xogo... entretanto traballar e fortalecer areas de mellora para o futuro: adaptarse a distintos adestradores, con distintos criterios, cando toca traballo fisico aportar traballo fisico, e conseguir manter nese novo ecosistema a personalidade do seu futbol...

No hay comentarios:

Publicar un comentario