miércoles, 5 de abril de 2023
Como recordo ler "La Sombra de Julio Cesar" de Andra Frediani.
Recordo que nalgunha data sinalada mo regalara Isabel. Chamoume a atencion como regalo, semellaba que tiña boa critica. Estivo aparcado nunha estanteria bastante tempo, ata que un dia, buscando que ler decidin escomenzar a sua lectura. O libro fala da primerira parte de vida de Julio Cesar, como coñece o seu inseparable Tito Labieno, de como xuntos van forxando a seu curriculum como Xeneral tocado polos Deuses. Porque este e a clave, Julio Cesar, semella vivir baixo o paraugas dos Deuses, os cales semellan ser quen o guian nas suas decisions e conquistas. Fala o libro da campaña na Galia, dos entramados politicos de Julio Cesar para chegar o poder, sin reparar en medios. Asi somete as nacions da Galia, con politica, con crueldade, con mutacions, con estratexias caciquiles para minar os seus lideres. A medida que as suas conquistas avanzan, a medida que se achega a cuspide de poder en Roma, a sua extratexia achegase a Dictadura sen importarlle arrasar con principios da Republica e acabar polo tanto coa sua amizade con Tito Labieno. O libro deixache algunhas ideas dos camiños polos que discurre a politica e de como a ambicion arrasa calqueira principio.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario