martes, 14 de febrero de 2023

Como recordo as pequenas leccions de David

Recordo que un dia vendo un partido seu de futbol sala, no inicio da segunda parte, eu notabao apático. Podia ser por berrinche, por frio, por algunha doenza... pero estaba apático e non facia nada por disimulalo. Xogou uns minutos sen enerxia, ausente... cousas de nenos. O rematar o partido estaba mais calado do normal, se isto sucede algo pasa, o seu dialogo interior nestes momentos e moi potente... tocaba traballo , gañarme a sua confianza e rascar ata que desembuchara o sucedido. O que pasou, e que segun el, no descanso trataballe de explicarlle a un compañeiro unha instruccion que dera o adestrador, este quizas molesto por esta situacion, aproveitou para burlarse del polo seu tartamudeo.. algo que as veces lle sucedia e que ata ese dia levara con naturalidade.. esta situacion e as risas dos seus compañeiros fixeron que chorase.. non lle gustou a situacion e recoñeceumo entre bagoas, como tampouco lle houbese gustado o seu compañeriro que el lle chamara negro... el sabia que iso non estaria ben, pero estaba doido. A min douem velo asi, pero tamen sabia que reaccionar con ira non o faria mellor persoa e tampouco solucionaria a situacion.. faleille de ter fortaleza interior, que somos uns guerreiros, de demostrarlle o que esta enfrente que a sua ofensa non nos vai dobregar e amosarllo cando se preste a situacion.. que o seu intento de ridiculizarnos so fai alimentar e fortalecer o noso caracter.. o dia seguinte ia a bolera, dixenlle que cambiara os calcetins mais novos, que que dirian os seus compañeiros como llos veran e el dixome.. somos uns guerreiros, que importa o que digan os demais... boa leccion... a todo isto nestes dias escoitaba unha conferencia de Imanol Ibarrondo e falaba de unha reflexion estoica: ¨non son as cousas que nos pasan as que nos afectan, senon os pensamentos qu temos sobre estas cousas"

No hay comentarios:

Publicar un comentario