sábado, 7 de enero de 2023

Como recordo ler..."Cando os lobos escoitaban a radio" de Pemon Bouzas

Recordo que foi unha recomendacion de Felin. Acepteina con boa gana, atraido polo tematica e con algo de recelo pola desconfianza que me produce a politica. Deixei o libro que estaba a ler para centrarme na lectura de "Cando os lobor escoitaban a radio". O libro esta ambientado na etapa post Guerra Civil. Vai desmigando paso a paso a vida do bando perdedor no pequenos pobos escondidos nas montañas de lindantes entre Zamora e Leon e Galicia. E un libro duro, dos que non te arrepintes de ler pero que che remove a conciencia... nel abrense cicatrices de seguro ainda por pechar na nosa sociedade, que so o esquencemento e quen de aplacar a dor que deixou en moitas xeracions e o resentemento de moitas xentes de ben que non son quen de esquencer o sufrimento de alguns dos antepasados. Pemón Bouza conta con sutileza pequenos relatos arrincados da memoria de alguns dos seus protagonistas... fala do absurdo dunha guerra entre irmans, alentada por seres perversos domiñados por instintos animais... da bondade da xente que ainda en bandos opostos e capaz de mirar hacia outro lado para evitar enfrentamenso con semellantes que so tratan de defender a sua dignidade e fuxir de persecucions inxustas. Fala de violencia, de inxustizas, de traicions miserables, de silencios, de familias separadas, de abandono do teu hogar para conservar a vida... o libro dixoume un mar de incertezas. Memoria Historica si, Memoria Historica non... un debate sin cerrar, dificil de delimitar pero entendo que complicado de convivir con esta circunstancia sin resolver. Personalmente ler "Cando os lobos escoitaban a radio", axitou o meu interior, alentando tomar partido neses microdebates sociais que as mais das veces quedan en conversas privadas pero xirando a vista para outro lado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario