jueves, 15 de septiembre de 2022

Como recordo ler... "Canastas Sagradas" de Phil Jackson

Recordo que xa lera un libro sobre Phil Jackson "Once anillos", pero un libro vaite levando a outro, e asi foi como decidin ler este libro. Non deixaba de ser a primeira parte de "Once anillos", pois neste solo falaba da primeira etapa gloriosa de Phil Jackson nos Chicago Bulls, e do seu xeito tan particular de entrenar e liderar inspirado en tecnicas innovadoras no baloncesto naquel momento, baseadas nas ensinanzas Zen. Da pinceladas, como que no baloncesto e na vida, a verdadeira ledicia proven de estar presente en cada momento, non so cando as cousas van do teu gusto. ¿que fan os que practican Zen?, simplemente despexar a sua mente e intentar estar no presente. Inspirase na Escola de Direccion Holzman: Non permitas que a colera nuble a tua mente - A conciencia o e todo - O poder do Nos e mais poderoso que o do Eu. Os pensamentos por si solos non son o problema, e o noso desesperado apego a eles e a nosa resintencia o que de feito esta ocurrindo o que nos causa tanta angustia. O punto crucial do Zen e darte conta dos pensamentos que domiñan a tua vida e disminuen o teu poder sobre ela. Meditacion Zen, concentrarte en Ser. Phil Jackson fala da importancia de meter a todos os xogadores na rotacion, 1/3 un grupo, 1/3 outro e o ultimo tercio os mais acertados. As claves do Corazon do sistema: - o ataque debe penetrar a defensa - o ataque debe aproveitar toda a pista - o ataque deber proporcionar o espaciamente correcto. Manter unha distancia entre xogadores de 4.5 e 5.5 metros. Dar espacio e prever que non nos poidan facer un 2 contra 1. - o movento do xogador e o balon debe ter unha finalidade. O xogar sen balon debemos alexarnos do balon. - o ataque debe procurar boas posicions de rebote e un bo balance defensivo - o ataque debe potenciar cada habilidade dun xogador - o ataque debe facilitar oportunidades de pase Hai que ter moito coidado cos pensamentos, pois nos poden alonxar do Ser. Estar atento e mais importante que ser listo."Si a tua mente non esta nublada por cousas innecesarias, estas na mellor epoca da tua vida". Coidado con ter unha mente critica e hiperactiva. A critica intensa podete chegar a gobernar.. bloquea a tua enerxia vital e sabotea a concentracion. Coa meditacion podemos acalar as mentess sentenciadoras. Libro con apuntes interesantes de como xestionar o talento dun grupo de xeito natural provocando sinerxias. Phil Jackson "Canastas Sagradas"

No hay comentarios:

Publicar un comentario