martes, 19 de julio de 2022

Como recordo.. os inicios de David en Futvolei

Recordo que a traves da relacion con German, pai de Gabri, compañeiro de David no Celta, propuxonos acudir a actividade de Futvolei. Dende o primeiro momento crin interesante esta actividade, pois creo que lle poderia aportar a sua formacion: dominio de balon, aprender a dominar o toque co xeonllo, peito, cabeza... a combinar diferentes superficies de control etc... nos inicios a cousa semellaba complicada para nenos de 10 anos. Co paso das xornadas de practicas, puidemos ir comprobando a evolucion e como xa se disputaban puntos mais interesantes...a David non se lle daba mal, pois ten un tacto innato co balón e reforzado pola practica habitual informal desta actividade. Outra reflexion e aportacion da actividade e que polas circunstancias e dificultades do xogo con 10 anos, o numero de erros e superior o de acertos, co cal xera moita frustacion e friccions entre compañeiros... co cal a parte do caracter de David que mais o penaliza emerxia con forza.. por unha parte a frustracion consigo mesmo levabao a ter rabietas, coa consecuente frustracion e perdida de concentracion, pensamentos negativos incapaz de controlar que desembocan en perdida de efectividade e mal xogo... e otra parte moito mais negativa, o reproche continuo o compañeriro polos seus fallos, algo que me preocupa moito e deixao en mal lugar... queda tarefa pendente por traballar para conseguir manexar a frustracion, concentrarte e pensamentos positivos e crear mecanismos propios para resetear canto antes, e manter a complicidade coa tua parella... Queda complicado traballo por diante...

No hay comentarios:

Publicar un comentario