domingo, 18 de agosto de 2019
Como recordo .. a Viaxe a Croacia en 2019
Recordo que empezamos a preparar a viaxe a principios de 2019... a motivación Drazen Petrovic e aquela reportaxe na revista Gigantes...así o primeiro que fixen foi reservar os vuelos, a opción elexida foi dende Lisboa e con Croatia Airlines...asi saimos direccion Lisboa o dia 23 de xullo despois de comer. Paramos na casa de meus pais a despedirnos. Por certo, hoxe decidira raparme o pelo o 1 nunha barberia do Casco Vello en Vigo. Tomamos direccion Lisboa nun Xtrail. Na primeira peaxe pagamos veiculo normal, na segunda, na saida de Coimbra pagamos como clase 2. De ahi continuamos ata Lisboa para chegar a 21h. Collera habitacion nun hotel da cadena Ibis. Funcional, limpio e comodo para durmir. Saimos a cear e tropezamos con un Restaurante O Pancas. Deixamonos levar polo instinto. Pedimos picaña a brasa con patatas, arroz e unha ensalada. Auga, cervexa, tarta, xelado e unha infusion. 35 euros. Ben. Rico. A tope de xente. Moitos pedian polvo a brasa con moi boa pinta. De ahi a durmir.
Dia 2. Puxera o despertador as 7:20. Diriximonos o Easy Parking. Antes paramos a desaiunar nun Pingo Doce. Deixamos o coche e achegaronnos a Terminal 1. Pasamos os controis e con certo retraso embarcamos no voo OU701. Saimos con 30 minutos de retraso. No avion deronnos un aperitivo de xamon, queixo, crema de aceitunas pan con cereais, amendoas caramelizadas e Coca Cola. Chegamos puntuais a Zagreb. Aeroporto moderno e ben cuidado pero con pouco transito. Buscamos a oficina de Alamo o rent a car en colaboracion con Enterprise. O rapaz que nos atendeu falaba algo de español. Cobrounos.. o cambio 7,65 Kunas. Pedira un I20 e deronnos un Mazda CX3, mellor. Recolllemos o coche e tomamos direccion o Hotel Phoenix...algo puxera mal que o Waze levounos a un lugar equivocado. A primeira impresion desta zona e que todo estaba moi verde, boas carreteras, bo asfalto, feitas con criterio... por erro... as saidas eran moi suaves...collin un tramo de autopista, tiven que pagar 0,69 eu... o hotel estaba nun sitio apartado e tranquilo..en zoa rural entre campos de millo..collimos catro cousas para ir a Zagreb... a entrada a Zagreb que collemos non era a entrada normal de unha capital...ben urbanizada con amplitude...zoas verdes...primeiro contacto co moderno tranvia...sin darnos conta estabamos no centro...intentamos aparcar no centro e non o conseguimos..asi que aparcamos nun parking publico...cambiamos euros a 7,20 kunas...compramos algo nun super por 107 kunas.. un bocadillo nunha pekara por 20 kunas, xelado 20 kunas...busquei a oficina de turismo e camiñamos o alto e baixo Zagreb tropezando cos monumentos.. habia moita xente polas ruas...cidade moi animada con locais de todo tipo...no alto Zagreb todo estaba ambientado con moito colorido e un aire bohemio. Ceamos na Pizzeria Lira...unha Pizza Sexi (levaba unha salchicha e 2 ovos) e 1 mediterranea e auga ..todo por 107 kunas...sacamos o coche do parking 23 kunas...a veces non merece a pena complicarse co aparcamento...volta o hotel as 0:30...a durmir.
Dia 3. Espertamos as 8. Pagamos o hotel 62,5 euros. Facia algo de calor na habitacion. Tomamos direccion os Lagos de Pletvice por carreteras secundarias. Fomos pasando campos de millo, e outros cultivos para gandeiria... casas cuidadas, con flores, pintadas ou forradas de madeira.. tellados con caida...moitas de ladrillo cara a vista.... algun canastro de madeira semellantes os nosos...non sei como se mide a renda de un pais pero as zoas rurais de Croacia exteriormente non trasmitian nin pobreza nin abandono... moito cultivo pero pouco gando???.. bastantes colmenas...paramos a desaiunar nun pobo...cafes (kava...) con leite 36 kunas.. compramos algo no super 126 kunas...curioso nas cafeterias non suelen ter nada para acompañar o cafe... escamenzamos a comunicarnos como podiamos...co traductor de google ou chapurreando ingles...¡¡¡ cando seremos quen de atallar as nosas carencias en idiomas!!!...a TV creo que e unha oportunidade que estamos deixando escapar...en Croacia todo o mundo chapurrea Ingles...incluso no pobo mais recondito...curioso tamen o nivel de coñecemento do Celta... tropezamos sin querer co Museo militar de Turang (en honor a unha batalla)...antes pasaramos o lado de un cuartel militar...seguimos avanzando ata Rastoke, bonito pobo que deixamos de lado e asi chegamos os lagos..moita xente na entrada 1, seguimos ata a 2...despois de aparcar fixemos cola...72 euros en total..o rapaz que nos atendeu tratounos ben aplicando os descontos que podia...por estudante e minusvalia acreditada...non sin soltar algun improperio no seu idioma polo deficiente noso coñecemento de idiomas o cal relantizaba o seu traballo... cos tickets aparecia como hora de entrada as 15h...sin comprender fomos entrando sen ningun tipo de control.. decididos a facer a ruta mais longa a H de 6 horas...nos planos viña moi ben detallado os pasos a seguir...collemos o plano e Italiano...habiao en moitos idiomas.. en español non...algo comun en Croacia...cando chegamos a coller o chamado tren demonos conta para que servia a hora .. a este accediase por orden...eran as 14h co cal aproveitamos para comer...trouxeramos pan, fiambre e fruta.. por fin collemos o tren que nos achegou a un punto para iniciar unha camiñata de 1:30 h... O Parque Nacional e precioso...todo moi ben cuidado...moitos tramos de pasarelas de madeira con troncos cortados a metade semellando ser madeira aproveitada dos bosques...coas pasarelas limitas moito o contacto co entorno e preves as limitacions polas choivas...asi vas pasando de un lago a outro entre fervenzas e rodeado de unha grande riqueza arborea.. os fondos son de area e as augas collen un azul turquesa increible...aburreste de ver cascadas, verde e fotos preciosas... moita xente de todas as nacionalidades... chinos, arabes...a natureza ben xestionada pode ser unha gran fonte de ingresos..moita xente pagando entrada e moita xente pernoctando nos sobe da zona....asi chegamos o un embarcadeiro que te cruza un gran lago...cando crees que o viras todo entras noutra zona de camiñata onde novos matices volvente a sorprender...asi pasamos 5 horas no parque..parking 70 kunas. Eran as 20h e a temperatura rondaba os 30 grados, buscamos un rio para bañarnos pero non nos decidimos...en Rakovica buscamos o Apartaments and Room Vip... casa pegada a carretera coa planta superior adaptada en apartamentos...recibiunos amablemente o dono...tio grande e xoven con gañas de agradar...explicounos todo ben..obsequiounos con unha cervexa non sin antes advertirnos que o limite de alcohol en Croacia e cero...recomendounos ir cear o Restaurante Marko. Ceamos unhas sopas moi ricas...unha de allo e a outra mais cremosa de champiñons...codillo con patatas e unha empanadilla grande con verduras..de postre uns xelados moi ricos...total 324 kunas .. a durmir..
Dia 4. As 7:20 sonou o despertador. Costoume levantar. Fai calor. O apartamento estaba ben. 89 euros. Gañas de agradar, TV sintonizada en TVE, wifi, cervexa de cortesia, aire acondicionado.. esta zoa esta chea de sobes por todos lados, recordame a zona dos Lagos de Covadonga. Espacio Natural en estado puro. Tomamos direccion Rastoke para desaiunar, cafe dise Kava, leite mlijekam.. pagamos 35 kunas e fixemos algunha compra no Market 107 kunas .. visitamos o pobo, moi pintoresco.. casas parcialmente de madeira construidas no medio de unha amplia fervenza.. todas destinadas o turismo.. paseamos rodeados de chinos por todos lados, con un gran afan por inmortizarse ante todos os detalles.. a esta hora da maña, amenazaba con chover pero facia moita calor.. ali cerca habia outro rio con unha bonita zona de baño.. despois de facer unhas fotos, tomamos direccion Zadar por una carretera nacional.. fomas pasando por amplias zonas de bosque, outra zona con vexetacion de zona de neve, amplias pradeiras onde a xente vendia o caron da carretera mel e quiexo. Pasamos por outro asentamento militar con tanques.. pouco a pouco fomos entrando en un zona de montañas afiladas e todo se ia voltando mais arido, estabamos achegandonos o mar.. asi chegamos a Zadar as 14 horas.. Tony agardabanos no punto de encontro para mostrarnos con amabilidade o apartamento. Esta estaba ubicado o caron da muralla, nun edificio antiguo de teitos altos.. o apartamento estaba decorado con gusto e de maneira funcional... explicounos como aparcar na zona, deunos un mapa e sinalunos as zoas a visitar e incluso aconsellounos playas cercanas... saimos a pasear e ter o primeiro contacto con Zadar.. a Zadar antiga esta nunha peninsula toda amurallada.. vese limpia, con ruas empedradas e construccion bastante uniforme, salpicada de restos de outras culturas.. .asi chegamo ata o Organo do Mar... aproveitamos para bañarnos tirandonos desde o muelle, xusto o lado estaba atracado un Cruceiro.. seguimos paseando o caron do mar.. da gusto camiñar por cidades abertas o mar e respetando a liña de costa.. asi chegamos a entrada principal da muralla o lado dun escondido porto.. entramos o lado dos 5 pozos ata dar con un Fast Food escondido onde tomamos un kebac, unha hamburguesa e 2 sandwiches con algo de bebida todo por 120 kunas. No outro lado de mar, estaba cheo de barcos para excursions e yates impresionantes... por unha pasarela podiase pasar a Zadar moderna.. buscamos de novo o Organo do Mar, pois achegabase o atardecer.. bañamonos facendo preciosas fotos co atardecer o fondo.. con compases do organo do mar de fondo pasamos o tempo conversando sobre vaguedades. A temperatura era fantastica, hoxe alcanzaramos os 37 grados.. a esta hora todo estaba ateigado de xente... ceamos nun restaurante cerca do apartamento.. Restaurante Tri Bunara, unha pizza, 2 ensalada, auga e cervexa, todo por 255 kunas.. regular o precio.. non pudemos pagar con tarxeta.. algo habitual e algunhas zonas ¿??.. a durmir
Dia 5. O despertador sonou as 7:20 pero levantamonos as 8:30. Lavei algo de roupa para deixar secando. Saimos a tomar uns cafes por 42kn. Zadar xa e algo mais caro. Compramos nun super algo de comer por 82kn. Tomamos direccion Nin parando antes a repostar. Nin esta situado nunha especie de laguna, as praias non nos convencian, eran de pedra e con puoca profundidade para zambullirse. Decidimos parar en Privilaka, un pobo con un pequeno porto, ideal para o baño e o lado unha pequena praia. Nesta tiñan un campo de waterpolo. Pasamos parte da maña, e as 2 tomamos direccion Nin. Comemos o lado da praia uns bocadillos. Tomamos direccion Saline, que estaba ubicada dentro de un parque natural. As veces da envidia ver como noutros paises exhibese a bandeira nacional en todos os parques infantis, e unha maneira de facer pais. Nos a de España por diversos motivos parece que temos que escondela. En Salime tomamos uns xelados 32kn e compramos auga 7kn. Esta zoa respiraba un ambente moi turistico, con zoas de praia con moitas actividades de ocio. Nos avanzamos un pouco para deternos en unha zona de costa mais escarpada onde a xente de forma privada facia escaleiras de acceso e pequenos embarcadeiros para o baño. Asi pasamos parte da tarde. Decidimos seguir pola costa ata Karlobag. Esta zona de costa e preciosa, con continuas entradas de mar, que deixan recunchos de augas cristalinas. A carretera serpentea o caron do mar entre escarpadas montañas. O ocaso vainos pechando o camiño. Asi chegamos a Karlobag, pobo distante de todos lados e ben conservado. Tomamos algo nunha terraza e contemplamos a posta do sol. Decicin voltar por outro camiño. Asi escomenzamos a subir unha montaña por unha carretera complicada. Croacia e un pais de contrastes. Pasamos de estar o lado do mar a unha temperatura de 32, subir unha agreste montaña e chegar a unha altoplanicie de bos pastos e que no inverno semella acoller neve. Asi avanzamo 39km por unha zoa de bosques frondosos onde a temperatura xa non pasaba de 23 grados. Como xa anoitecia, mais adiadiante decidin collela autopista para Zadar. 23kn. Pareceume barata pois atravesas un tunel de 5,6km, asi como varias pontes e varios tuneles mais. Por certo, moitas das pontes altas polas que pasas en Croacia, aproveitanse para facer puenting. Xa na entrada de Zadar paramos a cear no Restaurante Riva Dalmacia. Tomamos o que quedaba, polo o forno con patacas e auga. 91kn. Rico. Un regalo. Zadar en sabado estaba ambientadisimo. Aparcamos o lado de un megayate, o Bash. Fin do dia.
Dia 6. Tocaba deixar Zadar. Despertei cedo. Escoitabanse lostregos o lonxe. Sain a pasear. Eran as 8 e a temperatura non baixaba de 27 grados. Era agradabel camiñar baixo a choiva. Achegueime o mar e estaba picado, todo o picado que pode estar o Mediterraneo.Visitei de novo Zadar, vacio sin xente, chuvioso. Achegueime a unha igrexa. Duas monxas cantaban nun ambente de sixilo. Voltei o apartamento para recoller todo e tomar camiño de Sibenik. Tomei por erro a autopista pagando 0,69kn. Xa por carretera choveu todo o camiño de forma intensa, moito, asi fomos avanzando hacia Sibenik. Nada mais chegar fomos ver o mural en honor a Drazen Petrovic no seu barrio. Un idolo. A primeira motivacion para esta viaxe foi unha reportaxe sobre el na revista Gigantes. Asi enamoreime de Croacia.Chovia co cal pouco pudemos visitar. Tomamos uns cafes o lado de un super e compramos algo. Tomamos direccion o Art Hotel en Split. A entrada a Split e o de unha cidade industrial , fea, con trafico. Non ten nada que ver con Zagreb. Ten unha zoa porturaria industrial pola que nos achegamos ata o hotel. Isabel e Sergio deitaronse a durmir un pouco, o dia invitaba. David e eu estivemos vendo pola tele croata o 3/4 puesto de Mundial Junior que se celebraba en Vigo. Pabellons vacios, unha magoa. Publicidade de Rodosa vendose na TV croata. Ainda que amenazaba choiva David e eu saimos a pasear por Split. Pronto atopamos un pequeno campo de futbol e atletismo do segundo equipo de Split. Chegomos despois o Estadio do Hadju Split. Grande. Soterrado. Cheo de pintadas. Diferente. Rodeado de outras instalacions deportivas. Split ten un aire sovietico. Altos edificios como colmenas. Construccion vertical, espaciada, funcional, con espacios verdes. Algo abandonado todo. Os contenedores son metalicos. Estiven xogando con David nun campo de herva sintetica. O lado habia unha pista de basket de caucho. Non se ven nenos xogando nas ruas. Voltamos o hotel, Sergio e David quedaron no ximnasio. Nos achegamonos ato o casco historico. Avasalla tanta arquitectura, camiñas entre a historia con naturalidade.. moita xente camiñando entre a historia. Turistas de todas partes do mundo. Buscamos onde cear uns calamares fritos e uns peixes pequenos tipo rubios, acompañados de pan reseso. 191kn. Non me gusta cear no meollo do turismo. Deixamonos levar paseando pola cidade sen rumbo, tomando uns xelado e disfrutando do ambente. Despois a durmir.
Dia 7. Primeira noite durmindo no Art Hotel. Limpio. Confortable. Habitacion amplia e ben situado, a 15 min do centro camiñando. Como en todas as novas formulas de negocio, na hospedaxe hai varias alternativas.. os hoteis con infraestructuras nacidas para iso, a veces desatenden o mais importante, ese punto de dar algo mais, informacion o turista do que se vai atopar ou co que se pode sorprender.. esa infusion, esa cervexa.. en fin atencion personalizada. Hoxe decidimos tomar direccion Trogir. Illa a que se accede por unha pequena ponte. Sitio moi visitado como toda esta zona. Demasiada xente. Un pobo medieval ubicado nunha illa, coa sua fortaleza e rodeado de mar. Bonitas estampas e na sua ribeira moitos yates de superluxo disfrutando do seu privilexiado lugar. Choveu con forza, por momentos con fortes tronos.. seguimos hacia Primosten percorrendo unha zoa de costa bonita e concurrida. Pasamos por Marina, pobo moi bonito , asi como moitos outros que fomos vendo na ribeira. Asi chegamos a Primosten, pobo de gran beleza. Unha pequena peninsula toda habitada e co mar moi ben aproveitado. Seguimos un pouco mais e detivemonos nunha pequena cala. O mar estaba picado e pasamos parte da tarde xogando coas olas. Demos un paseo pola costa. Partes de esta estaban valladas por campings, hoteis... hai mistura entre o privado e o publico. Xa co anoitecer achegamonos a coñecer Primosten. Pobo precioso, moi ben coidado. A tope de xente. A casas ben coidadas, todas as ventanas iguais e no alto a igrexa e o redor un cementerio orientado hacia o mar. Precioso sitio para ser enterrado. Contemplamos a caida do sol e as terrazas o borde do mar que xa se estaban enchendo para a cea. Decidimos sair do mogollon para buscar onde cear. Paramos no Restaurant Samson na Marina. Probamos unha das especialidades. Algo o gril, mezcla de pemento, tomate, carne.. todo a brasa.. regular.. comemos sin pan ¿??.. pagamos 282kn... volta a Split.
Dia 8. Tocaba abandonar Split. Cidade vendida o turismo, onde a historia esta o servicio do turismo. Canto durara?. O centro de atencion do Palacio Diocleciano fai que toda a sua area de influencia este a tope de turismo. O Art Hotel e un bo hotel. Habitacions comodas e un bo desaiuno. Partimos as 10:30 direccion Rijeka. O principio o Woze ou a cobertura fixonos cometer alguns erros, xa que buscaba ir por un ruta por donde antes non pasara, outra vez adentrarnos no interior. Asi subimos por unha carretera de montaña ata Bodvanovigici, Dmis,.. con direccion Knin.. a idea era ir pola montaña para no tramo final pegarnos a costa.. asi pasamos otra vez das montañas escarpadas as altoplanicies de prados e bosques... cousas curiosas de Croacia.. en calqueira pobo hai bocas de incendio..nas carreteras abundan os espellos para facilitar a saida.. os semaforos non estan no lateral, senon no alto sobre a carretera.. na carretera estan perfectamente delimitadas as paradaa ou zoa de skola.. asi avanzamos ata Gracac onde hai un asentamento militar.. instalacion amplias pero en aparente desuso.. seguimos ata Gospic. Pouco antes habia unha tanqueta, tipo monumento, o lado da carretera.. asi chegamos a Gospic, onde paramos a tomar unhas ensaladas e un pouco de pasta e dous cafes no Restaurante Tomislav.. 94kn.. mal servicio...mentres agardabamos lein algo sobre a guerra de Croacia. Gospic fora unha zoa de loitas. Eu cria que a guerra non fora tan proxima, que se concentrara en zoas concretas.. pero non abarcou moitas partes do pais por o conflicto etnico entre Serbios e Croatas onde cada un queria facer prevalecer a sua maioria, tanto cultural, liguistica como relixiosa... seguimos avanzando e nunha zona de grandes chairas atopamos co Aerodromo de Otocac, xa abandonad, con 3 aeroplanos pero con imporancia no seu dia.. asi seguimos por zonas bonitas de grandes bosques.. entramos nunha cadena montañosa con vexetacion que recordaba os apeninos, fomos baixando hacia Senj, xa pegado o mar.. tomamos direccion Rijeka para deternos nunha zoa medio privada de baño preciosa.. pasamos parte da tarde relaxandonos coa posta do Sol. Por unha carretera de costa, de montañas escarpadas, chegamos a Rijeka xa de noite. Boas autovias, algo che vai advertindo que chegas a unha cidade con relevancia.. Rijeka e un porto importante.. con refineria, amplio porto de contenedores.. movemento. Hoxe tocaba experiencia novedosa, durmir nun barco-hotel. Tivemos que aparcar no parkin do porto. O hotel polo exterior lembraba o que era, un barco de principios do seculo XX, o tipico cruceiro de Norteeuropa.. sorprendentemente por dentro estaba moi ben cuidado, a habitacion era amplia, ben equipada e limpia.. xusto por diante do hotel pasaba unha via de tren por onde seguian pasando largos comboyes de tren movendo contenedores, era curioso ver pasar o tren entre os turistas... saimos buscar onde cear, camiñando sin rumbo para despois buscar a Pizzeria Boonker, pizzas regulares, pagamos 94kn... antes de durmir demos un paseo polo porto.. a temperatura era excelente..Dia 9. Durmimos ben no Botel Marina.. Nada mais levantarnos demos un paseo por Rijeka. As 10:30 xa facia moito calor e non nos atraia moito a cidade. Collemos direccion Selce para buscar o Hotel Katerina. Ben emplazado, con piscina int/ext e acceso directo a praia. Pasamos o dia entre a piscina e a praia, asi estivemos ata ben entrada a noite.. subimos a cambiarnos para ir cenar.. eleximos un restaurante a beira da praia, tiña moi boa puntuacion en Tripadvisor, Restaurante Kantunic. Pedimos atun a plancha, calamares en salsa de tomate e caldeirada de marisco fervido en unha salsa de viño e allo. Correcto. 388kn. Tomamos uns ricos xelados por 30kn e a durmir.
Dia 10. Ainda que puxen o despertador a mesma hora, casi nos perdemos o desaiuno, pois erguemonos as 9:30. O dia anterior tanto nadar pasaranos factura. Tivemos tempo de aproveitar o buffet do desaiuno. Asi tomamos direccion a Illa de Krk. A esta accedese por unha ponte onde hai que pagar peaxe, 35kn. Esta illa representa os contrastes de Croacia. Liña de costa que moitas veces semella arida, interior da illa con frondosos bosques verdes e costa recortada, intercalada con preciosas bahias e escondidas calas. O pobo de Krk e moi bonito, nunha bahia, con un paseo na liña de costa chea de arbores. Esta illa ten aeroporto. Decidimos ir hacia Punat, o pobo mais importante nesa parte da illa, de ai continuamos ata Stara Baska, onde habia duas pequenas praias de dificil acceso, pasamos parte do dia disfrutando da praia. Voltamos as 17:30 para cumprirlle o antollo a David de piscina. Despois aproveitamos para estar na praia ata a noite, exactamenten non era unha praia, era unha liña de costa de cemento, ideal para nadar. Asi disfrutamos da praia ata a noite. Preparamonos para cear e decidimonos polo Restaurante Millenium. Ceamos un pescado a parrilla con verduras, non teño claro que tipo de peixe pero estaba rico. Cando o pedin pareceume economico, pero o precio era por cada 100 gr de peixe.. co cal o final, por 2 pescados, un plato de carne abundante, unha auga e unha Radler pagamos 352kn.. tomamos uns xelados por 64kn.. descansamos nunhas tumbonas o caron do mar e a durmir...
Dia 11. Espertei a 7:30 para intentar obter as tarxetas de embarque. Tocaba abandonar Selce. O dia estaba nublado co cal fixemos algunhas compras, o checkout e tomamos camiño de Zagreb. Outra vez decidin tomar carreteras secundarias, as Z eran comarcais, as D provinciais.. escomenzamos a subir cara montañas fermosas, cheas de bosques, e casas preparadas para a neve... direccion Fuzine, Stari Laz.. ata parar a comer no Motel Dubra a beira dun bonito rio.. pedimos uns calamares fritos en unha milanesa, David entretivose botandolle de comer pan os patos.. levaba ameazando choiva forte e durante a comida desencadenouse a tormenta.. pagamos 183kn, pola comida, auga e 2 cafes. Asi continuamos ata Karlovac...ali atopamos con primeiro accidente.. en Croacia a xente conduce con calma, ainda que non se nota moita presencia da policia. Decidin coller a autopista para atallar e cometin un erro pois atopamos unha cola de 3km nunha peaxe, co cal en vez de adiantar atrasei. Chegamos a Zagreb co tempo xusto de achegarme o Pabellon da Cibona de Zagreb e tocar a estatua en honra a Drazen.. Historia. A miña Historia. Para aproveitar o que quedaba de dia, achegamonos a Samobar. Pobo sin moito interes. Fomos a misa, curioso como as directrices de Roma chegan a todos lados. A Misa podiase seguir a traves de unha pantalla. Mesmo ritual, algo curioso de comprobar. Paseamos polo pobo onde habia unha concentracion de 2CV.. de ahi para o Hotel Phoenix, como a primeira noite..
Dia 12. Derradeiro dia. Onte durmiramos cedo co cal as 6:30 xa estaba desperto.. tocaba orgizar todo para o regreso a Lisboa. Decidimos desaiunar no Hotel. A esa hora a xente xa tomaba uns bocadillos de salchicha con moi boa pinta... decidimos pedir un desaiuno completo.. pan tostado con manteiga, crepes e tortilla de queixo. Pagamos 101kn.. parei a enches o deposito de coche de aluguer e darlle un pequeno lavado.. as 12:06 entregamos o coche en Enterprise-El Alamo.. todo ok.. 1957 kms nun Mazda CX3 a gasolina.. pasamos os controis sen problema e gastamos a derradeira kunas. Croatia Airlines non se caracteriza pola puntualidade.. no bo o mesmo menu que na ida.. a aproximacion a Lisboa foi extraña, escomenzamos a baixar e de repente de forma brusca empezamos a subir, xerandose certa confusion... a xente de Easy Park acudiu puntual a recollernos e tomamos direccion Vigo.. chegamos sen contratempos as 21:30... xa asentados.. encendia a TV se sorprendentemente pechouse o circulo.. a esa hora na Catro en Informe Robinson estaban poñendo unha reportaxe sobre o Xenio de Sibenik: Drazen Petrovic.
Hoteles 1392 euros, avion 806 euros, parking coche 47 euros, aluguer coche 357 euros, gastos Portugal 96 euros, Croacia 816 euros.. total 3691 euros,,,
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario