miércoles, 16 de agosto de 2017

Como recordo ler Patria de Fernando Aranburu.

Recordo que recibin o libro como agasallo polo meu cumpleaños. Comproumo miña muller por recomendacion da dependienta. Recibino con moito interés polas criticas e porque era un tema que me interesaba pois habia moitas preguntas e poucas respostas. Enganchoume dende o principio, polas contradiccions, polo realismo, por a forma de escribirse, esa maneira peculiar de xuntar dous verbos para describir explicar a mesma situacion. Historia de duas familias amigas, moi amigas... as cales o coitelo do Nacionalismo vai separando sin un porque, simplemente por puntos de vistas diferentes sobre unha mesma situacion. Puntos de vista que se van radicalizando aproveitando o silencio, o orgullo, a sinrazon... ata abrir unha fenda sanguenta dificil de reparar. Vidas truncadas, xuventudes perdidas en carceres, vellos tristes, desgracias..hoxe ca vision retrospectiva, e un mirage como a fenda vai curando, coa maxia do dia a dia, sen reproches nin derrotados...

No hay comentarios:

Publicar un comentario