Recordo que os Domingos nos reuniamos en Sanguiñeda na Cafetería La Palmera. Era o momento de comentar as incidencias da noite anterior.
Cando xa estabamos todos xuntos arrancabamos con destino a primeira parada en Domaio. A banda sonora deses viaxes era Junco, co inesquencible "Hola mi amor...". Por moito que o intente non recordo outra música.
En Domaio parabamos a tomar algo e xogar o billar ou os dardos.
Dali directos a Salitre en Moaña. Tiñamos a nosa propia esquina coa súa barra, da que no nos movíamos hasta que non soaban as lentas, que era cando algún se ía descarriando buscando a presa a que lle botara o ollo durante a noite. Recordo que había un momento non sei se antes ou despois que servía de punto de inflexión, o Thunderstruck. Nese momento fundíanse as copas e a euforia e hasta o final era a locura total, onde pouco a pouco nos íamos apropiando do protagonismo.
Foron tardes gloriosas de momentos inesquecibles.
domingo, 27 de diciembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario