domingo, 11 de octubre de 2009

Como recordo... o que penso cando penso.

Homes adultos curtidos en mil sufrimentos, en mil decepcións, en mil desenganos, en mil momentos de gloriosa camaredería, en miles de risas...
Matrimonios para ben, matrimonios cheos de feridas...
Digo isto, penso isto... cada vez que me achego os meus orixes e comparto uns minutos coa miña xente, cos pais dos meus amigos, cando me achego a eles dende a perspectiva dos recordos. Percibo o cariño na súa mirada e a min pásame o mesmo. Constame que nos entregamos aquel cariño que as veces lle negamos os nosos pais e eles os seus fillos. A min paréceme entendelo así e non deixa de emocionarme, e entregome o momento, pois paréceme un bo xeito de devolvernos aquilo que tantas veces nos negamos.
E dame por pensar nestas cousas, e preguntome porque os sentementos son tan enrevesados e chocan uns cos outros solapándose e deixando un regueiro de silencios e muecas que non chegan a ningún lado e vannos afogando pouco a pouco nun mar de insatisfaccións e frustracións que brotan cando xa non hai volta atras... vai por bos, para os que resistides.

No hay comentarios:

Publicar un comentario