Recordo que o meu primeiro equipo foi o Louro Tameiga. Era o equipo de toda a vida de meu pai.
Tiña uns 11 anos cando fixen a primeira ficha, na categoría de alevín.
Reunimonos un grupo de rapaces, suficientes para formar un equipo. O primeiro ano foi duro, pois apenas gañamos un par de partidos. Con posibilidades de gañar so encarabamos os encontros co San Miguel e o Comesaña, os demais eran goleada tras goleada. Sardoma, Santa Marina, Porriño, Matamá, Valladares, Dunas, Chapela...
Pero non perdíamos a ilusión e loitabamos como jabatos sempre co mesmo entusiasmo.
O primeiro entrenador que tivemos foi Narciso, pero recordo cambiar varias veces na temporada.
Ós partidos sempre nos acompañaban Pucho e Armando.
Despois viñeron temporadas mellores, pero a primeira é inesquencible.
Co paso dos anos recordo o agradecido que teño que estar a toda a xente que cedía o seu tempo para cuidarnos e acompañarnos a todos lados...
miércoles, 22 de julio de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario