jueves, 2 de julio de 2009

Como recordo... aquela vez que pintei o piso.

Digo pintei o piso, pero nada máis que pintei o salón.
Prepareino todo con calma, sobre todo en comprar o material necesario para non manchar nada.
Recordo que perdín unha boa parte das vacacións e acabei farto, non tanto do traballo de pintar senon do do feito de ter que limpialo todo, pois aínda que o cubras ben, a falta de práctica fai que manches máis do razonable. Pintar quedou ben pintado, pero non me compensou o esforzo co aforro. Toda unha semana de adicación, algunha que outra mancha demáis, roupa estragada, o salón inutilizado e un canario morto. Si o canario morreu durante a obra, pois para protexelo da pintura saqueino a terraza co cal papou algunha insolación e creo que algunha noite durmiu fora. Son un desastre.
Por todo isto despois desta e doutra algunha experiencia decidín que non volvería a pintar sobre todo nunha vivenda nova.

No hay comentarios:

Publicar un comentario