sábado, 13 de junio de 2009

Como recordo... cando rompín a pelvis.

Foi xogando o fútbol. Aquel día o partido disputabamolo contra o Bembrive no seu campo.
Durante a primeira parte cruceime a cortar un balón coa mala sorte de que un rival empuxoume e batín co poste.
No momento non sentín dor, so unha forte contusión.
Marchei camiñando para o vestuario debilitado. Xa alí perdín a consciencia.
Levaronme o Hospital Concheiro.
Despois das proba necesarias quedei ingresad0. Pasei o día ben pero a noite foi infernal e todo porque non sabía tragar pastillas co cal estiven escondendo todos os calmantes que me deron, pasando polo tanto unha noite con fortes dores ata que a enfermera deu co problema.
Recordo que apenas puden pegar ollo nin eu nin meu pai que quedara conmigo.
A recuperación foi lenta. Moitos días tumbado na cama sen levantarme, e despois unha tempada sen practicar deporte.
Foi maís dura a recuperación que a lesión, pois esforzaronse para meterme medo para que non fixera o que mais me gustaba facer: xogar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario