lunes, 11 de mayo de 2009

Como recordo...a adicatoria da avoa.

Os que naceron na primeira decada do Século XX crecerón marcados pola Guerra Incivil. Unha infancia roubada pola Guerra e os anos seguintes de fame, medo e negación de todo aquilo que non fose sobrevivir.
Nacer e crecer para traballar. Para axudar na casa a xerar sustento.
Todos estes pensamentos afloraron ante un feito especial e emotivo. Miña avoa Amable con moito esforzo lle entregou o meu fillo unha nota xunto cun regalo.
Sería un feito irrelevante se non estivesemos falando dunha persoa que aprendeu a escribir xa de anciá.
É incrible como unha persoa que supera os 80 anos pode sentir esa devoción por aprender, por acceder a un mundo de coñecementos ata agora vetado para ela.
Recordo observala en silencio, con emoción, debuxar e pintar coa ilusión dun neno en parvulario.
Pregúntome se algún día reunirémo-la coraxe de agradecerlle a todos eses vellos a súa entrega por regalarnos un pais para vivir perfectamente estructurado. Gracias a que se partiron o lombo traballando, dandoo todo e pedindo nada, afogando os seus soños en mares de suor e volcando as suas vidas en fillos, netos... e demais familia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario