A película vina por primeira vez no Instituto nunha sala que previa solicitude nos cedían para ver cine en video
Recordo que cando vin a película, os meus ollos estaban pouco acostumados a ver cine de calidade, co cal, aquelas imaxes impactaronme sobremaneira, quedando grabadas no meu subconsciente.
Aquel ceo roxo do inicio que semellaba unha postal do inferno...
Cando dicía que me impactou no subconsciente e porque unha tarde de domingo, aínda non sei porque, quedei narcotizado diante desta película de tal xeito que vina 3 veces seguidas.
Ese "Adagio for Strings" avanzando polo film presaxiando a certeza dunha desgracia.
O culmen absoluto de Willian Dafoe, puños en alto, non sei se pidindo con desgarro explicacións a Deus ou tal vez suplicando sair do inferno e abrazar a Deus.
Obra Mestra.
lunes, 18 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario