domingo, 17 de mayo de 2009

Como recordo... a Jose Tomás.

Daquela ver a José Tomás era un luxo. Nalgunha plaza pagaronse cifras astronómicas polas entradas, falabos de máis de 500 euros.
Despois da súa espctacular reparición en Barcelona viña de encadear unha serie de éxitos incontestables nas mellores prazas do pais.
Rodeado dun misticismo indescriptible adornaba as súas actuacións cun prodixioso equilibrio entre risco e arte, herocidade brutal dun maestro que se bate man a man coa morte bailando un combate de igual a igual, coas armas dun toreo profundo arrincado da alma. Porque esta é a diferencia. Os Grandes en calqueira ambito da arte son Grandes porque viven o marxen de calqueira valor terrenal e enfrentanse o seu talento como quen vive unha loita interior entre correntes opostas que afogan un torrente de expresión co cal liberarse desta leva un compoñente de angustia, perdida, inquedanza, emoción... incuantificable.
Aquela tarde tiña todos os condicionantes para ser memorable. Gran cartel: O citado Jose Tomás, Sebastián Castella e Finito de Cordoba.
Finito de Cordoba
non estivo fino, quizás eclipsado pola aurea dos seus compañeiros. Noutras circunstancias Finito houbes destacado, pero ese día citarono no Olimpo e non estaba comodo.
Sebastián Castella, era un toureiro inmenso en valor e plasticidade. O seu único pero foi a prisa que tiña por acceder o peldaño superior de Jose Tomás. Pensaba que tratabase de correr, de coraxe e non así trasmitá certa sensación de atropello e borraba calqueira atisbo de profundidade e misticismo.
Jose Tomás estivo Jose Tomás. Con ese desarraigo polo humano, abandonado do terrenal, coa mirada perdida do que vive noutro mundo, plantouse na plaza decidido a vivir. Porque eu creo que entende o toreo como un estilo de vida e dalle igual esté en Sevilla, Madrid ou Pontevedra.
O seu e unha fidelidade total a súa Lenda Persoal.
Por iso contaba coa veneración popular.
Sólo, cun touro bo ou cun desvalido disposto a encontrar a súa música, o seu ritmo, disfrutando de cada nota, gustándose...
O triunfo foi clamoroso. Todos tiñamos a seguridade de asistir a un espectáculo que dificilmente volveríamos a comtemplar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario