viernes, 1 de mayo de 2009

Como recordo... ir a aprender a tocar a gaita.


Recordo que meu pai sempre tivo afición pola música.
Os Domingos pola maña alí onde houbera Festa, alá íamos nos a escoitar o concerto da Banda de Música. Eu aburríame notablemente xa que esa música a min non me dicía nada.
Recordo que un día, xa despois de cear, estaba agardando por meu pai para que me firmara un examen. O feito de darlle os examenes a firmar sempre me xeraba tensión, pois as veces as notas eran regulares, e eu sempre tiña a sensación de poder haber feito algo máis, sobre todo cando comprobaba que outros compañeiros sacaran mellor nota.
Estaba nestas cando me plantexou ir a aprender a tocar a gaita a Pereiras, no grupo Follas Novas. Evidentemente, con semellante nota, hoxe non era o día para levarlle a contraria.
Así foi como empecei a ir as clases. Estas dabamolas nunha casa a medio facer, coas paredes sen revistir e o suelo de cemento. Era un amplio espacio onde nos ensallabamos nos bancos disposto o lado da parede, e os de baile practicaban no espacio do medio.
Os que máis sabían ían ensinando os outros. Arturo, aínda un rapaz era o lider. Con vontade e paciencia íame aprendendo a poñer os dedos e así pouco a pouco saían as notas, e as veces hasta unha melodía.
Recordo perfectamente como me doían os mofletes de tanto soplar pola boquilla do punteiro, pois a os novos no nos deixaban tocar directamente pola palleta....O tempo que acudín a clases, non o recordo. Si sei que o principio levabame meu pai, despois fun camiñando cos "Carballeiras" (¡¡¡vaia elementos!!!), e máis adiente ía en bici, moito máis divertido e emocionante, pois era raro o día que non saía o can dunha casa para tentar morderche.
Aceptaba a tarefa como o que era, unha tarefa, pero nunca tiven vocación pola música. De feito deixeino sen prácticamente aprender nada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario