A primeira estampa que descubre a memoria o recordar a celebración describiria así:
sol, época do ano con bo tempo, incluso calor. Os poulos verdes pola proximidade da primaveira. Xesta, moitas xestas.
A Festa da Crus tiña lugar no monte que nacía os pes da Igrexa de Petelos.
Na súa cima o lado dun penedo había unha Crus na honra da cal se faciá a celebración. Durante uns anos era habitual o concurso de cruces adornadas con flores. A Misa oficiabase de forma campestre, namentras os membros da comisión de festas asaban sardiñas para todo o mundo.
A xente xuntabase en grupos con antelación e preparaba a comida para subir o monte: empanadas, salpicón, bistecs, polo asado... ou facíanse brasas para o churrasco. Viño, café augardente e cun pouco de sorte queimada.
Era un día de festa e alegría para todos. Especialmente para nos, os nenos, pois podíamos pasar xuntos todo un día de xogos.
Asociado a este día recordo a morte de Ayrton Senna.
martes, 12 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario