jueves, 21 de mayo de 2009

Como recordo... a boda de Billy e Cristina.

As bodas de tarde que empezan pola mañá remantan converténdose nunha boa noite.
A Ceremonia foi polo civil e celebrouse no Concello, oficiada pola entón Alcaldesa e veciña Mª Jesús Escudero.
A sala estaba chea de caras coñecidas o cal daballe un carácter moi familiar, semellabamos estar no salón da sua casa.
De alí marchamos para o lugar da comida, neste caso unhas bodegas cunha construcción moi apropiada para estes eventos: Bodegas La Val.
A boda sobresaiu polo ambente. Moita xente xoven con gañas de pasalo ben , que desde o principio animou a comida creándose o escenario axeitado para que o tono da festa fora de menos a máis.
Como momentos para lembranza o recibimento dos noivos por un bo número de invitados ataviados con camisas "hawaianas" e instrumentos de xoguete, simulando unha animada orquesta caribeña. Tamén destacar as constantes interrupcións da comida para alzar unhas pancartas que poñían "te mazo" e adiantaban unha e outra vez unha canción de Camela a todo tren.
Como dicía todo transcurriu nun ambente de festa ata ben entrada a madrugada.
Quén máis e quen menos abandonou o local nun elevado estado de euforia e cun gran sabor de boca.



No hay comentarios:

Publicar un comentario