martes, 28 de abril de 2009

Como recordo... a miña Primeira Comunión.

Moitos recordos confúndense con fotografías.
Da Primeira Comunión recordo o feito de confesarme por última vez o día anterior.
Recordo recibir nun papel, que sería 1/8 dun folio, unha frase para aprender e ler o día seguinte.
Chegado o día entre os nervios e o calor, o texto borrouse co suor das mans.
Pouco maís recordo do día que non se confunda coas fotos. Tal vez, o cheiro da nogueira o lado da que comemos ou a prohibición de entrar na cociña onde traballaba a cociñeira contratada.
Tamén gardo imaxes do dia de facer as fotos de estudio e ir a comprar o traxe, que creo non comprar moi convencido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario