Recordo que fundamentalmente eran de Marcial Lafuente Estefanía. Tamén había outros autores, pero non recordo os seus nomes...Tiña montañas de novelas, as cales leía cun apetito insaciable. A medida que as ía lendo, cambiabas por outros títulos no Porriño, nun kiosko que naquel momento estaba na Plaza do Concello. Deste xeito fun coñecendo a xeografía dos Estados Unidos, algunhas comidas e parte da súa historia.As novelas todas tiñan a mesma trama: Pistoleiro de máis de 6 pes de alto, apacible, de vida tranquila... hasta que as inxustizas continuas levano a emprender unha carreira de mortos que non cesará hasta limpiar a cidade de indeseables e acabar casandose coa protagonista da novela. Pero estes argumentos monotemáticos non eran impedimento para que chegase a ler maís dunha novela o día.
Como curiosidade recordo gardar con cariño un exemplar que creo databa de 1956, e costara daquela 6 centimos.Era o meu tesouro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario